2 de julio de 2026
Este ano incorpórase á oferta o proxecto Chorus, que o curso pasado contou con máis 640 nenos e nenas participantes. Completan a oferta os programas Cóxegas, Deporte no Centro, Idiomas no Centro e Arte e Cultura no Centro
Xa abriu o prazo de inscrición para as actividades extraescolares do curso 2026-2027, organizadas en colaboración polo Concello e a Federación de Anpas baixo o convenio que permite realizar unha ampla gama de programas, denominados "Programas de lecer", deseñados para realizarse nos centros educativos coa colaboración da dirección e persoal dos colexios, e que o curso pasado contou con máis de 2.600 participantes.
"O noso compromiso é seguir colaborando cos centros públicos e coa Federación de Anpas para ofrecer unha programación de actividades extraescolares cada vez máis reforzada e máis diversa. Educando en valores, ensinando deportes, idiomas e arte, e axudando á conciliación das familias", apuntou a alcaldesa, Inés Rey.
Cinco eixos para un programa diverso e reforzado
A oferta da programación consta de varios programas con gran demanda. Como Cóxegas 2026-27 , que ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral no propio centro educativo ao longo de tres semanas no mes de setembro. As nenas e nenos participantes tomarán parte en xogos, actividades deportivas e lúdicas, tamén en emocionantes aventuras nas que se promoven hábitos, normas de convivencia e nas que tamén se fomenta o desenvolvemento cognitivo, psicomotor e social. O horario será de luns a venres, das 16.00 ás 17.00 horas ou de luns a venres, das 16.00 ás 18.00, dependendo da solicitude. Ademais, o alumnado que xustifique ser beneficiario de "Bolsa Comedor" para o curso 2026/2027, terá un desconto do 50% da cota. O período de inscrición permanecerá aberto ata o 2 de setembro.
Outro dos piares é Arte y cultura en el centro 2026-27 , que ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral e a creatividade a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais. A través da experimentación, a expresión corporal, o teatro ou as artes plásticas, os participantes exploran a súa creatividade, desenvolven habilidades emocionais e comunicativas e descobren distintas formas de expresión persoal. As sesións serán de luns a venres, con 2 sesións semanais de 1 hora, en días alternos, entre as 16.00 e as 18.00 horas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de setembro.
Deporte en el centro 2026-27 , que promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral da mocidade a través da actividade física, ensinando ao mesmo tempo valores e habilidades fundamentais (incluíndo disciplinas como atletismo, hóckey, fútbol, voleibol ou xadrez), abre tamén ata o 13 de setembro o seu prazo de inscrición. O alumnado con bolsa comedor tamén poderá beneficiarse da bonificación do 50%.
A proposta complétase con Idiomas en el centro 2026-27 , unha iniciativa deseñada para a promoción da aprendizaxe de idiomas estranxeiros (inglés ou francés) nun ambiente lúdico e participativo, centrada na expresión oral, a escoita e a conversa a través de xogos e dinámicas adaptadas aos intereses do alumnado. O período de inscrición será tamén ata o 13 de setembro, e tamén se aplicará a dedución para beneficiarios da bolsa comedor.
Toda a información relativa á programación e os procesos de inscrición pode consultarse na páxina web municipal, nesta ligazón.
O Chorus, a gran novidade
A novidade deste ano é a incorporación de Chorus - Concerto pola Paz 2027 á oferta de actividades extraescolares. "Chorus é unha iniciativa que achega a música dun xeito diferente. Que esperta paixóns nos pequenos e pequenas e que tivo un grande éxito no seu colofón final co concerto de xaneiro no Coliseum. Agora, o Goberno de Inés Rey reforza este proxecto facéndoo parte da programación fixa anual", apuntou o concelleiro de Educación, Innovación Tecnolóxica e Formación, Juan Ignacio Borrego.
Chorus, que viviu no curso 2025-2026 a súa primeira edición, concibiuse como un programa para a formación de coros infantís, culminado cun espectáculo final no Coliseum, que tivo lugar en xaneiro deste ano. Máis de 6.000 persoas gozaron dun encontro único, no que participaron máis de 640 persoas pertencentes a diversos centros educativos, agrupacións corais e orquestras da Coruña. O programa realizarase baixo a supervisión do Concello e coa coordinación de Fernando Briones, director da Orquestra Gaos e profesor do Conservatorio Superior de Música. A inscrición permanecerá aberta ata o 13 de setembro.
Actividades do CEE Nosa Señora do Rosario
O pasado mes de xuño, o Concello tamén deu comezo ao período de inscrición para as actividades extraescolares gratuítas adaptadas do Centro de Educación Especial Nosa Señora do Rosario ( Actividades adaptadas en el CEE Nosa Señora do Rosario 2026-27 ), dirixidas ao alumnado con necesidades especiais de cara ao curso 2026-2027. Trátase dunha iniciativa pioneira enmarcada no plan do Goberno de Inés Rey para promover a práctica do deporte e o desenvolvemento de habilidades nunha contorna segura e dentro dun programa definido e adaptado. O prazo estará aberto ata o 3 de xullo, e a ficha en liña está dispoñible nesta ligazón.
Programa al que pertenece
CÓXEGAS ofrece una solución para la conciliación familiar y laboral durante el mes de septiembre para escolares de centros públicos
Los niños y las niñas disfrutarán de juegos, deportes y actividades lúdicas como teatro y arte, participando en una emocionante aventura donde se promueven hábitos y normas de convivencia y se fomenta el desarrollo integral y la creatividad.
Más informaciónEl programa "Arte y Cultura en el Centro" ofrece una experiencia educativa que complementa la jornada escolar de niños y niñas, promoviendo su desarrollo integral y la creatividad a través de un amplio abanico de actividades artísticas y culturales. A través de la experimentación, la expresión corporal, el teatro o las artes plásticas, los participantes exploran su creatividad, desarrollan habilidades emocionales y comunicativas y descubren distintas formas de expresión personal.
Todo esto en un entorno lúdico, participativo y respetuoso, donde lo importante es experimentar, crear y disfrutar de la cultura desde la infancia.
El programa se organiza a través de Obradoiros.
Más informaciónEl programa "Deporte en el centro" promueve el poder del deporte para el desarrollo integral de los menores, ya que no solo promueve la actividad física, sino que también enseña valores y habilidades fundamentales.
Más informaciónIdiomas en el centro es una emocionante propuesta de ocio para la promoción del aprendizaje de idiomas extranjeros (inglés o francés) en un ambiente lúdico y participativo.
Centrada en la expresión oral, la escucha y la conversación a través de juegos y dinnámicas adaptadas a los intereses del alumnado.
Más informaciónEl programa "Chorus" es un programa educativo y cultural del Ayuntamiento de A Coruña para la formación de coros infantiles.
Se inició en el curso 2025/2026 en los centros educativos y se desarrolló en horario lectivo, con una amplia participación y la implicación de centros escolares y formaciones musicales de referencia.
En esta nueva edición, incorpora la colaboración de la Federación Provincial de ANPAS, integrándose en las actividades extraescolares para facilitar la participación de las niñas y niños interesados.
El programa está bajo la coordinación de Fernando Briones, profesor del Conservatorio Superior de Música de A Coruña y director titular de la Orquesta y coro Gaos.
Más información|
Publicada la resolución con la adjudicación de plazas. El plazo de aceptación formal de las plazas adjudicadas permanecerá abierto del 15 al 24 de julio. Recomendamos a las familias que, aunque fueron adjudicadas todas las actividades solicitadas, solamente acepten las que necesiten realmente. En septiembre se hará una reunión por cada actividad con las personas responsables, para que las familias puedan conocerlas. |
|---|
El proyecto piloto de actividades complementarias adaptadas en el CEE Nosa Señora do Rosario busca poner el foco de atención en las necesidades de los escolares con necesidades educativas especiales.
El alumnado con necesidades educativas especiales es único e igual al mismo tiempo, por lo que tiene derecho a que se cree un programa de actividades complementarias (fuera de su jornada lectiva) a través del cual puedan practicar deporte y cultura al igual que los demás niños y niñas, aunque de forma adaptada a sus necesidades.
Más informaciónLo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible