Do 11 ao 17 de agosto as sesións en directo do planetario estarán dedicadas a esta choiva de estrelas
Para público en xeral
Dende o 11/08/2023 ata o 17/08/2023
Xa rematou
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
A choiva de estrelas fugaces das Perseidas é unha das citas anuais máis importantes para as persoas afeccionadas á astronomía. Este ano a corrente de meteoros alcanza o seu punto álxido a noite do 12 a 13 de agosto, aínda que a choiva de estrelas fugaces non é un fenómeno puntual, poderemos seguir gozando delas nos días seguintes.
Ademais este ano o máximo coincide cunha Lúa case nova, que apenas achega luz á noite, polo que será máis sinxelo observalas que noutras ocasións. No período de máxima actividade poden chegar a verse preto de 100 estrelas fugaces cada hora baixo un ceo moi escuro e despexado. A contaminación luminosa fai que nas proximidades das cidades ou en zonas con forte iluminación o número de meteoros visibles diminúa considerablemente.
Entre o venres 11 e o xoves 17 de agosto as sesións en directo do planetario da Casa das Ciencias incluirán recomendacións para observar as Perseidas. Para asistir é preciso obter entradas o mesmo día da sesión, desde a apertura do museo ás 10.00 h.
Sen prismáticos
Para gozar das Perseidas non se precisan instrumentos ópticos, como prismáticos ou telescopios, nin se requiren coñecementos especiais de astronomía, xa que os meteoros poden verse por toda a bóveda celeste. Iso si, todas as súas traxectorias parecen xurdir da constelación de Perseo (de aí o seu nome) que emerxe polo horizonte en dirección nordeste pasada a medianoite.
As Perseidas tamén se coñecen como bágoas de San Lorenzo, xa que o día 10 de agosto está dedicado no santoral a este diácono de Roma que sufriu martirio asado nunha grella no ano 258. Pero en realidade non son outra cousa que diminutos restos do cometa Swift-Tuttle, que cun tamaño inferior ao de grans de arroz, entran na atmosfera a gran velocidade, deixando ao seu paso un rastro luminoso que pode chegar a durar varios segundos. Este cometa achégase á Terra cada 120 anos no seu percorrido ao redor do Sol, renovando a corrente de partículas que o noso planeta atravesa cada ano por estas datas.
24 de novembro de 2023
Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro haberá diversas actividades e proxeccións.
7 de novembro de 2023
Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano a Semana da Ciencia, de entrada gratuíta, incluirá dúas fins de semana.
10 de outubro de 2023
Foron outorgados os Prismas de Bronce en sete das oito categorías do premio, quedando deserta a de texto inédito ou autoeditado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible