SBC
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Sociedade e benestar, Educación
Si
Bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña
Mediante este procedemento convócanse e adxudican axudas para o pago do servizo de comedor aos alumnos empadroados na Coruña.
SÓ BOLSAS SOBREVIDAS Bolsas comedor convocatoria 2021
Dende o 05/04/2021 ata o 30/04/2021
Alumnado matriculados no curso 2021/2022 nos centros educativos do termo municipal e empadroado na Coruña que cumpran os requisitos establecidos nas bases.
Empadroamento
Número de identificación
Matrícula en centro educativo na Coruña
Ingresos
Obrigacións tributarias e SS
Outros
Ningún
Titular da Concellería de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación.
Todas as listaxes (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.
Para poder valorar as circunstancias incluídas no baremo desta convocatoria, deberán marcarse na solicitude as circunstancias para valorar, debendo presentarse ademais os documentos acreditativos. Non se terán en conta en ningún caso aquelas circunstancias obxecto de baremación que, a pesar de ser marcadas na solicitude, non fosen acompañadas da xustificativa que indican estas bases.
O órgano instrutor poderá requirir, en calquera momento, a presentación doutra documentación complementaria que se considere pertinente para a valoración.
Normativas relacionadas
Desde o 05/04/2021 ata o 30/04/2021.
Poderán admitirse de maneira excepcional solicitudes fose do prazo establecido e ao longo de todo o curso escolar 2021/2022, cando con posterioridade ao final do devandito prazo concorra algunha das circunstancias previstas na base 13:
Solicitude específica
Impreso de Solicitude municipal de bolsa de comedor (Mod. 088) completamente cuberto a nome do alumno ou alumna que efectivamente goce da bolsa. No caso de que esta sexa menor de idade deberá vir asinada polo seu representante legal. Especificaranse igualmente o centro escolar e os datos de contacto. ESTE IMPRESO É DE PRESENTACIÓN OBRIGATORIA TANTO EN MODALIDADE PRESENCIAL COMO EN LIÑA.
NESTE IMPRESO DEBERÁ MARCAR A DOCUMENTACIÓN para PRESENTAR OU DAS CIRCUNSTANCIAS para VALORAR.
Se Vd. é beneficiario dalgunha das prestacións que outorga máxima puntuación (11 puntos, apartado 9.2 das Bases) e presenta o certificado que o xustifique, NON SERÁ NECESARIO que autorice ao Concello a consulta de datos económicos.
Valoración circunstancias adicionais: para poder valorar as outras circunstancias adicionais, deberán marcarse na solicitude, presentando os documentos acreditativos ou autorizando a consulta SÓ dos que queira que se valoren.
Identificación
DNI, NIE ou número de identificacion fiscal válido.
Anexos
Certificado escolar ou copia da solicitude de matrícula
Xustificante de escolarización no centro.
Libro de familia
Copia completa do Libro de Familia ou documentación equivalente.
Declaración de IRPF
(Modelo D-100) de 2019 ou certificado de imputación de rendas (se non autoriza consulta). As persoas que durante o prazo de presentación de solicitudes presentasen a declaración do IRPF do exercicio 2020 e consideren que estes datos económicos resúltanlles máis beneficiosos, poderán presentar a declaración do IRPF do exercicio 2020.
Perceptores sde prestacións de RISGA/RSM/IMV/Subsidio de desemprego: certificado de prestacións (se non autoriza consulta).
En caso de imposibilidade para a obtenciónde datos sobre ingresos da AEAT na devandita anualidade:
Titulares de prestacións de incapacidade permanente ou grande invalidez
Certificado de prestacións (se non autoriza a consulta).
Proxenitores non conviventes
Unidades familiares monoparentais
Certificado de defunción / Certificado de monoparentalidade / Libro de familia.
Vulnerabilidade económica por COVID-19
Incompatibilidade horaria
Certificado (ou declaración xurada, en caso de traballadoras/é por conta propia) con indicación do horario de traballo, das persoas que ostentan a custodia.
Outras circunstancias sociofamililares
Situación de discapacidade
Documentos relacionados
Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas
Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Unicamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando, preferentemente a citada ferramenta de Autofirma , desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
Tres meses, de acordo co artigo 21, apartado 3, da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común da Administracións Públicas
Desestimatorio
Unha vez revisada a documentación achegada e emitido informe pola mesa de valoración, o órgano instrutor formulou proposta de resolución provisional, debidamente motivada. Dita resolución publicouse no taboleiro de edictos electrónico do concello e nela indícase a listaxe de persoas beneficiarias e a puntuación outorgada.
Na solapa de PRESENTACIÓN desta páxina, apartado Documentos relacionados, subiuse unha nota aclaratoria para facilitar a consulta da listaxe publicada.
A publicación inicia o cómputo dun prazo para alegacións que será de dez (10 días hábiles), isto é, desde o 30 xullo a 12 agosto ambos inclusive.
As persoas interesadas que desexen formular alegacións, poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica Achega de documentación e/ou alegacións a un expedinete dispoñible nesta ligazón.
Despois de examinar as alegacións presentadas, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva.
A continuación, as persoas propostas como beneficiarias deberán aceptar ou renunciar á bolsa. Entenderase que aceptan a bolsa de comedor se, transcorrido o prazo de dez (10) días hábiles, non renunciasen de maneira expresa.
A persoa titular da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación resolverá a concesión / denegación das bolsas de comedor. A resolución que adopte retrotraerá os seus efectos á data do inicio da prestación do servizo de comedor.
A resolución definitiva publicarase por mesmos medios e lugares que as listas anteriores.
RECURSOS
19 de maio de 2022
A mostra, instalada na planta baixa da Domus, está organizada pola Agrupación Astronómica Ío.
13 de maio de 2022
O mércores 18 de maio, Día dos Museos, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta; no caso do Aquarium, con reserva previa.
3 de maio de 2022
Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día unha xornada de portas abertas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible