SBC
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Sociedade e benestar, Educación
Si
Bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña
Mediante este procedemento convócanse e adxudican axudas para o pago do servizo de comedor aos alumnos empadroados na Coruña.
Bolsas comedor convocatoria 2024
Dende o 17/04/2024 ata o 08/05/2024
Ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado en centros con 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.
Empadroamento
Número de identificación
Matrícula en centro educativo na Coruña
Obrigas tributarias e SS
Outros
Ningún
Titular da Concellaría da Área de Benestar Social.
Todas as listaxes (requirimentos de corrección, listaxes provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código do seu expediente individual. Para facilitar a identificación do expediente, co requirimento de corrección de solicitudes, publicarase unha listaxe que identificará a totalidade de solicitudes presentadas no rexistro segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado.
Normativas relacionadas
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA
Débese presentar en todas as solicitudes a seguinte documentación con carácter preceptiva:
A) MODELO DE SOLICITUDE ESPECÍFICA PARA A CONVOCATORIA 2024/2025 (MODELO 088) cuberto e asinado pola persoa solicitante (alumno/a) ou, no caso de menores de idade, polo seu representante legal.
B) LIBRO DE FAMILIA COMPLETO ou documento equivalente que acredite a filiación ou, no caso de existir outra relación coa persoa solicitante, a documentación xudicial ou administrativa que acredite dito vínculo.
C) ANEXO I autorización para a consulta de datos de carácter persoal dos proxenitores.
OUTRA DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR ATENDENDO Á SITUACIÓN DA UNIDADE FAMILIAR
DOCUMENTACIÓN ADICIONAL PARA A VALORACIÓN
Para a valoración de criterios diferentes da situación económica da unidade familiar presentarase a documentación enumerada no apartado 11 da convocatoria.
Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas
Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Soamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando, preferentemente a citada ferramenta de Autofirma , desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2182
AVISO IMPORTANTE:
Este procedemento debe utilizarse exclusivamente para presentar a solicitude inicial de bolsa comedor para o curso 2024/2025. Deberá presentar obrigatoriamente o modelo 088 e o resto da documentación descrita na apartado "Documentación necesaria".
Se está a emendar ou achegando documentación para unha solicitude presentada anteriormente deberá utilizar o procedemento de con Achega de documentación a/o alumna/o como persoa interesada e a persoa que presenta como representante.
Seis meses, de acordo co apartado 13.4 da convocatoria.
TRAMITACIÓN:
Desestimatorio
A concesión ou denegación da axuda realizarase pola Concelleira Delegada da área de Benestar Social, que se publicará no o taboleiro de edictos electrónico do concello. Por este mesmo medio, publicaranse as distintas incidencias que se produzan durante a convocatoria (revogación, modificación de centro ou contía da bolsa concedida, entre outros).
Todas as listaxes (requirimentos de corrección, listaxes provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código do seu expediente individual. Para facilitar a identificación do expediente, co requirimento de corrección de solicitudes, publicarase unha listaxe que identificará a totalidade de solicitudes presentadas no rexistro segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado.
Na lapela de PRESENTACIÓN desta páxina, apartado Documentos relacionados, subiuse unha nota aclaratoria para facilitar a consulta da listaxe publicada.
As persoas interesadas que desexen formular alegacións ou achegar mais documentación de forma espontánea, despois de realizar a solicitude, poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica Achega de documentación , mencionando na solicitude o número de expediente individual afectado.
Para facilitar a achega de documentación coa proposta de resolución provisional publicarase unha Listaxe de solicitudes presentadas, na que figurará, xunto co asento do rexistro de entrada da solicitude, o código de expediente individual asignado a cada unha delas.
RECURSOS

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible