SBC
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Sociedade e benestar, Educación
Si
Bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña
Mediante este procedemento convócanse e adxudican axudas para o pago do servizo de comedor aos alumnos empadroados na Coruña.
Bolsas comedor convocatoria 2025
Dende o 18/03/2025 ata o 04/04/2025
Ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado en centros con 2.º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica
Empadroamento
Número de identificación
Matrícula en centro educativo na Coruña
Obrigacións tributarias e S.S.
Outros
Ningún
Titular da Concellería de Área de Benestar Social, Participación e Igualdade
Todas as listas obxecto de publicación sinaladas nos art. 12 e 13 desta convocatoria, identificarán a solicitude do alumnado atendendo ao código do seu expediente individual.
Para facilitar a identificación do expediente de cada persoa solicitante, con cada publicación no taboleiro de anuncios que se realice ata a resolución da convocatoria, publicarase unha lista que identificará a totalidade das solicitudes presentadas segundo o seu código de asento,o número de expediente individual asignado e a data de entrada da solicitude no rexistro.
Normativas relacionadas
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA
Débese presentar en todas as solicitudes a seguinte documentación con carácter preceptivo:
A) MODELO DE SOLICITUDE ESPECÍFICA PARA A CONVOCATORIA 2025/2026 (MODELO 088) cuberto e asinado pola persoa solicitante (alumno/a) ou, no caso de menores de idade, pola persoa proxenitora custodia, persoa acolledora ou persoa titora legal que presenta a solicitude.
B) LIBRO DE FAMILIA COMPLETO ou documento equivalente que acredite a filiación ou, no caso de existir outra relación coa persoa solicitante, a documentación xudicial ou administrativa que acredite o dito vínculo.
C) ANEXO I Consentimento para a consulta de datos.
OUTRA DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR ATENDENDO Á SITUACIÓN DA UNIDADE FAMILIAR
DOCUMENTACIÓN ADICIONAL PARA A VALORACIÓN
Para a valoración de criterios diferentes da situación económica da unidade familiar presentarase a documentación enumerada no apartado 11 da convocatoria.
Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Soamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de presentalo nesta sede electrónica, utilizando, preferentemente a citada ferramenta de Autofirma, desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2182
AVISO IMPORTANTE:
Este procedemento débese utilizar exclusivamente para presentar a solicitude inicial de bolsa comedor para o curso 2025/2026. Deberá presentar obrigatoriamente o modelo 088 e o resto da documentación descrita na apartado "Documentación necesaria".
Se está a emendar ou achegando documentación para unha solicitude presentada anteriormente deberá utilizar o procedemento de Achega de documentación co alumno ou coa alumna como persoa interesada e a persoa que presenta como representante.
Seis meses, de acordo co apartado 13.4 da convocatoria.
TRAMITACIÓN:
Desestimatorio
A concesión ou denegación da axuda realizaraa a concelleira delegada de Benestar Social, Participación e Igualdade, que se publicará no taboleiro de edictos electrónico do concello. Por este mesmo medio, publicaranse as distintas incidencias que se produzan durante a convocatoria (revogación, modificación da contía da bolsa concedida, entre outros).
Todas as listas obxecto de publicación sinaladas nos art. 12 e 13 desta convocatoria identificarán a solicitude do alumnado atendendo ao código do seu expediente individual.
Para facilitar a identificación do expediente de cada persoa solicitante, con cada publicación no taboleiro de anuncios que se realice ata a resolución da convocatoria, publicarase unha lista que identificará a totalidade das solicitudes presentadas segundo o seu código de asento, o número de expediente individual asignado e a data de entrada da solicitude no rexistro.
As persoas interesadas que desexen formular alegacións ou achegar máis documentación de forma espontánea, despois de realizar a solicitude, poderán utilizar o procedemento da Sede electrónica Achega de documentación , mencionando na dita solicitude o número de expediente individual afectado.
RECURSOS

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible