Concello da Coruña

Concello da Coruña

PADHABA

Padrón de habitantes: alta e/ou modificación de domicilio

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Rexistros e censos

Materia:

Poboación e comunidades, Trámites online

Vixente:

Si

O empadroamento é o acto de rexistrarse no municipio de residencia habitual e determina que a persoa é considerada veciña desa poboación. Quen resida en máis dun municipio deberá efectuar o empadroamento naquel no que viva durante máis tempo no ano.

Este trámite permite efectuar:

1) a inscrición no Padrón de habitantes da cidade da Coruña:

  • daquelas persoas que veñen vivir á cidade provenientes doutro municipio do Estado español ou ben do estranxeiro.
  • das persoas que non constan no Padrón de habitantes da Coruña aínda que continúan vivindo na cidade.
  • Porque foron dadas de baixa por non renovar, non confirmar ou por baixa de oficio.
  • Porque non están inscritas en ningún outro concello ou consulado.

2) O cambio de domicilio, dentro do municipio da Coruña, das persoas que xa figuran empadroadas.

    Padrón: alta e/ou modificación de domicilio

    Inscricións:

    Sobre o procedemento

    A quen vai dirixido?:

    Calquera persoa física que desexe realizar unha alta ou modificación de domicilio no Padrón de habitantes do municipio.

    As e os menores de idade non emancipadas/os e as/os maiores incapacitadas/os deben figurar empadroadas/os no domicilio dos pais ou representantes legais, salvo autorización por escrito destas/es para residir noutro domicilio.

    Requisitos:

    O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo das veciñas e veciños do municipio para todos os efectos administrativos.

    Todas as persoas deberán estar empadroadas no domicilio no que máis tempo residan ao ano.

    Prezo / Custo:

    Ningún

    Órgano que resolve:

    Titular da Concellería delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior

    Presentación

    Prazo de presentación:

    A solicitude pódese realizar en calquera momento.

    Documentación necesaria:

    En todos os casos:

    Folla padroal coa información de todas as persoas para inscribir, que poderá obter de forma presencial, ou solicitándoa a través deste formulario.

    Para a alta, documentos persoais:

    Persoas españolas

    • Maiores de idade e menores desde os 14 anos: DNI ou pasaporte en vigor
    • Menores de 14 anos: libro de familia ou certificado de nacemento

    Persoas estranxeiras

    • De estados membros da Unión Europea: NIE xunto con pasaporte ou o seu documento nacional de identidade
    • Doutras nacionalidades: pasaporte ou permiso de residencia en vigor
    • Menores estranxeiros/as nados/as en España: libro de familia ou certificado de nacemento, tarxeta de residencia e, se se dispón, pasaporte
    • Menores estranxeiros/as non nacidos/as en España: os mesmos documentos que para maiores estranxeiros/as.

    Para alta e cambio, xustificantes:

    • Domicilios baleiros (sen empadroados/as): xustificante de propiedade/alugueiro, recibo recente de alugueiro ou subministración...
    • Domicilios non baleiros: autorización de propietario-a/titular do contrato de alugueiro/empadroado-a previamente. En caso de non residir efectivamente a anterior persoa titular iniciarase un expediente de baixa por inscrición indebida ás persoas empadroadas anteriormente.

    Canles de presentación

    Presencial

    Que se necesita?:

    Folla padroal, que poderá obterse no momento da comparecencia ou previamente a través deste formulario.

    O resto dos documentos especificados no apartado "Documentacion necesaria".

    Como se fai?:

    Se xa dispón da folla padroal cuberta e debidamente asinada, deberá solicitar cita previa e presentarse no momento establecido con toda a documentación.

    Se prefire que o concello lle facilite a folla padroal antes da súa comparecencia, deberá facilitar a información solicitada no formulario.

    Internet

    Que se necesita?:

    Para completar este trámite deberá dispoñer de certificado dixital ou DNI electrónico.

    Como se fai?:

    O támite integramente en liña consta de tres fases:

    1. Para iniciar o proceso non será necesaria autenticación, só facilitar os datos necesarios ao cubrir o formulario en liña.
    2. En resposta ao paso 1, o concello devolverá a folla padroal precuberta. Neste envío lembraráselle a documentación que deberá presentar no paso seguinte.
    3. Con certificado dixital, deberá presentar debidamente asinada a citada folla padroal, máis os ficheiros requiridos, que tamén se relacionan no apartado "Documentación necesaria".

    Este paso 3 é o que se realiza neste procedemento ao pulsar o botón "Tramitar en liña".

    Páxina web:

    IMPORTANTE:

    Antes de aceptar continuar con esta tramitación, asegúrese de recibir a folla de Padrón debidamente cuberta polo concello. Ademais deberá achegar o resto de documentación especificada na apartado "Documentación necesaria".

    A folla de Padrón debe vostede solicitala ao concello da Coruña, a través do formulario de solicitude.

    Segundo opte pola presentación telemática ou presencial da Folla de Padrón e resto da documentación, a folla de Padrón será enviada ao seu correo electrónico ou por correo postal respectivamente. Teña en conta que para a presentación telemática deberán asinar electronicamente a folla de Padrón todas as persoas maiores de idade que figuren na mesma.

    Cando a opción sexa a presentación presencial nas oficinas de atención cidadá, deberán asinala a man e efectuar a presentación de maneira presencial, solicitando cita previa para xestión de padrón en calquera das seguintes oficinas de atención cidadá: María Pita , Fórum ou Ágora.

    https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1422

    Teléfono

    Despois

    Prazo de resolución:

    O prazo máximo será de 3 meses.

    Sentido do silencio administrativo:

    Estimatorio

    E despóis?:

    Contra a Resolución de concesión/denegación da inscrición poderanse interpoñer os seguintes recursos:

    • Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo, o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.
    • Recurso contencioso-administrativo

    Novidades

    Noticias

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión