Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Adxudicados os hortos ecolóxicos municipáis da convocatoria 2026-2029

As persoas autorizadas ao cultivo das parcelas dispoñibles nesta convocatoria terán dende o 2 ata o 5 de xuño para recoller as chaves das instalacións e asinar a acta de recepción

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 28/05/2026 hasta el 05/06/2026

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Resolución de adxudicacións convocatoria 2026-2029 (2 MB)

A convotaria actual de hortas ecolóxicas urbanas iniciouse o pasado 10 de xaneiro de 2026, coa publicación no BOP das bases que rexerán esta nova edición. No período fixado para solicitar un horto urbano (19 ao 30 de xaneiro) rexistráronse 580 peticións, a maioría correspondentes a unidades familiares, unha das novidades desta edición que permite que os terrenos poidan ser cultivados por unha unidade integrada por aquelas personas que convivan e estean empadronadas no mesmo domicilio. 

Nesta ocasión, o número de hortos e de parques se incrementou en relación coa convocatoria anterior, pasando a ter 351 parcelas situadas en seis parques: San Pedro de Visma -de nova construcción e que substitúe ao de Agra do Orzán-, Novo Mesoiro,  Eirís, Adolfo Suárez, Oza e Carlos Casares, estes dous últimos para uso exclusivo de colectivos. 326 desas parcelas son para uso de unidades familiares mentras que as 25 restantes adícanse ao uso de colectivos (personas xurídicas).

Rexistradas todas as peticións presentadas e revisadas, o 5 de marzo publicouse a listaxe provisional de personas admitida, excluídas e solicitudes pendentes de enmenda para as que se abriu un prazo de dez días hábiles nos que alegar ou subsanar.

Finalizado ese trámite e tras a análise da nova documentación achegada o xoves 28 de maio resolveuse o procedimento coa:

-exclusión definitiva, e segundo as causas indicadas no Anexo I, das solicitudes que non se enmendaron no prazo establecido, así como daquelas que, figurando como admitidas na listaxe provisional, houbo que excluir ao detectarse o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos nas bases;

-corrección dun erro na listaxe provisional que excluía, indebidamente, unha solicitude que cumpría co requirido (Anexo I);

-adxudicación das parcelas de cultivo das hortas urbanas dos parques de San Pedro de Visma, Novo Mesoiro, Eirís, Adolfo Suárez, Oza e Carlos Casares (Anexo II);

-publicación dunha listaxe de agarda para cada parque, mantendo a mesma orde de prelación empregada na adxudicación (Anexo III);

-proposición de uso compartido das parcelas do Parque de Oza por parte da entidade adxudicataria (Asociación Pro-Enfermos Mentales de A Coruña) e a situada no primeiro posto da listaxe de agarda (Asociación DOWN Coruña), previa aceptación de ambas partes. 

Neste último caso tívose en conta que a primeira delas presentou un proxecto cunha estimación de uso de 10 persoas, para unha parcela de gran superficie (116,25 m2 ), e que a Asociación DOWN Coruña que se atopa no primeiro posto da lista de agarda, estima o uso para un máximo de 6 persoas, razón pola que se plantexa o uso compartido das parcelas do Parque de Oza. 

En canto á asignación das autorizacións de uso, no referente ás entidades sen ánimo de lucro (colectivos) a adxudicación determinouse tras a avaliación por parte dun técnico municipal da viabilidade e do interese social do proxecto presentado, tendo en conta a calidade e o nivel de detalle da memoria explicativa do proxecto social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental que se desenvolverá no horto urbano  (Anexo IV).

Para a asignación dos hortos para persoas físicas (unidades familiares) estableceuse unha orde de prelación a partir da última letra do documento de identidade das persoas solicitantes, ordenándose alfabeticamente a partir da letra resultante do sorteo deste ano (M). Consonte ás bases, cando varias persoas coinciden na mesma letra, a súa posición na listaxe determínase polos catro últimos díxitos do documento de identidade, de menor a maior. En caso de empate entre persoas con idénticos díxitos, tense en conta o díxito inmediatamente anterior e así sucesivamente. As parcelas asignáronse correlativamente a partir da listaxe obtida para cada horta urbana

Por outra banda, no caso da horta de San Pedro de Visma, que conta con 120 espazos delimitados, tiveron preferencia aquelas persoas que tiveran autorización de uso vixente na horta do Agra do Orzán no momento da extinción de dita horta (31.10.2024), tal como se indica no apartado 3 das bases. Así, as persoas que figuran dentro das 120 primeiras posicións da listaxe ordenada de admitidos, teñen dereito a desfrutar da parcela asignada durante os 4 anos que dura a convocatoria. No caso contrario, poden desfrutala ata o 15 de xuño de 2027, tendo que cesar nesta data a súa actividade facendo a correspondente entrega das chaves e dos carnés que teñan no seu poder nas oficinas do Servizo de Medio Ambiente.

listaxe definitiva de adxudicatarios se pode atopar no Anexo II da resolución que se inclúe nesta información. 

As persoas adxudicatarias deberán acudir para a entrega das chaves en horario de 08:30 a 14:30 horas ás dependencias do Servizo de Medio Ambiente, sito na rúa Pedro Ferrer s/n (Edificio Casa da Auga, 5ª planta) nas seguintes datas: 

ADOLFO SUÁREZ

NOVO MESOIRO

CARLOS CASARES

OZA

Do MARTES 2 DE XUÑO

ao MÉRCORES 3 DE XUÑO

EIRÍS

SAN PEDRO DE VISMA

Do XOVES 4 DE XUÑO

ao VENRES 5 DE XUÑO

Únicamente se fará a entrega das chaves ás persoas que figuren como autorizadas permanentes da unidade familiar. Deberán acudir provistas do seu documento de identidade. As persoas autorizadas de maneira temporal non poderán recoller as chaves. No caso de imposibilidade de acudir na data indicada, deberán comunicalo ao Servizo de Medio Ambiente para fixar unha nova data de entrega ou buscar unha solución alternativa.

As parcelas que non sexan aceptadas no prazo de 10 días hábiles entenderanse como renuncias e serán ofrecidas á seguinte persoa segundo a orde da lista de agarda.

A duración da autorización de uso dos hortos comenzará ao día seguinte da publicación da resolución das adxudicacións iniciáis na páxina web do concello ou, no seu caso, das notificacións individuais e, en todo caso, rematará o 31 de decembro de 2029.

Nas bases da convocatoria aprobouse un réxime de sancións para quen incumpra as normas de uso dos hortos no que se ampliaron os supostos considerados como faltas leves, graves ou moi graves ao contemplar novas circunstancias: o roubo, o traballo do horto por persoas alleas, o cultivo de varias parcelas na mesma unidade familiar ou o uso de produtos prohibidos, entre outras. De feito, co obxectivo de facilitar o control do uso das hortas todos os autorizados terán o seu correspondiente carné que deberán levar á vista sempre que estean no horto, para tentar evitar o cultivo dos terrenos por personas non autorizadas. No caso de que o personal municipal detecte infraccións e atendendo á súa gravidade introdúcese a posibilidade de sancionar e revogar o horto simultaneamente. 

O horario de apertura dos hortos será de abril a setembro de 9h00 a 22h00 e de outubro a marzo de 10h00 a 20h00.

Toda a información sobre esta convocatoria estará dispoñible durante a súa vixencia na web Ecohortas .

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión