Concello da Coruña

Concello da Coruña

Definición de encomenda de xestión

Os concellos (ou as súas entidades de dereito público) poden "encomendar" a realización de actividades de carácter material, técnico ou de servizos da súa competencia, a outros órganos ou entidades da mesma Administración ou doutras distintas, ben por razóns de eficacia ou ben por non dispoñer dos medios técnicos máis axeitados para o seu desempeño, excluíndo sempre destes "encargos" de xestión a persoas privadas.

É importante aclarar que a encomenda de xestión non supón ceder a titularidade da competencia municipal, xa que segue sendo responsabilidade do concello ditar os actos ou as resolucións de carácter xurídico á actividade material concreta obxecto de encarga ou encomenda.

Existe unha limitación e é que as persoas físicas ou xurídicas (suxeitas a dereito privado) non poden recibir unha encomenda de xestión dunha Administración. Se queren traballar para unha Administración, terán que seguir a regulación que rexe para os contratos do sector público e competir con outros licitadores para conseguir o contrato público.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión