Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bandos e edictos

Os bandos e edictos adoitan limitarse a lembrar obrigas para a veciñanza ou prazos concretos, por iso carecen de carácter normativo, xa que se limitan a ser instrumentos para lembrar cuestións que previamente xa foron fixados polas normas, ben legais, ben regulamentarias.

O bando é un mandato publicado polo alcalde ou alcaldesa, de obrigatoria e xeral observancia. Ten un carácter máis solemne tanto na súa forma de redactarse como na de publicarse, aínda que carece de valor normativo.

Son moi utilizados nalgúns concellos como recordatorio do cumprimento de obrigas locais, pero tamén como vehículo informativo e transmisor de asuntos de interese para o conxunto da comunidade local, encaixando plenamente no mandato da Lei 19/2013 de transparencia e bo goberno.

Os edictos adoitan ser anuncios que lle fai o/a alcalde/esa á cidadanía para coñecemento de determinadas cuestións de interese da veciñanza, en relación con certas actuacións municipais para que sexa notorio e de coñecemento xeral.

  • Por exemplo: o anuncio dunha campaña de desratización nun barrio ou zona concreta, apertura de prazo para o cobro de tributos, comunicación do peche dalgunha rúa pola Cabalgata de reis etc.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión