Mediante unha determinada acción de goberno pódese alcanzar o concepto de Goberno aberto cuxo obxectivo é que a cidadanía participe na creación e mellora de servizos públicos, así como no fortalecemento da transparencia e a rendición de contas.
Os órganos que integran a organización municipal son os seguintes:
Alcaldía
A Alcaldía (alcalde ou alcaldesa) desempeña as funcións de dirección do goberno e da administración municipal, así como as demais atribucións que lle outorga a actual, entre elas, a organización das concellarías, áreas, departamentos, servizos e outros entes que constitúen a administración municipal na súa globalidade.
Así mesmo é atribución do Alcalde ou alcaldesa a representación do Concello, sen prexuízo da súa posible delegación. Nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, será substituído polos Tenentes de Alcalde na orde e coas competencias que se deriven do seu nomeamento.
As atribucións do Alcalde ou alcaldesa e delegacións regúlanse nos artigos 95 ao 99 do Regulamento orgánico municipal do Concello da Coruña
Pleno
O Pleno está formado polo Alcalde ou alcaldesa e o conxunto de todos os concelleiros e concelleiras electas. É o órgano de máxima representación política dos cidadáns no goberno municipal. O Pleno Municipal reúnese en sesións ordinarias, extraordinarias ou extraordinarias de carácter urxente.
A organización e o funcionamento do pleno recóllese nos artigos 25 ao 71 (Título III, Capítulo I) do Regulamento orgánico municipal de 2004.
Xunta de Goberno Local
A Xunta de Goberno Local é o órgano que ten como atribución propia e indelegable a asistencia permanente ao Alcalde ou alcaldesa no exercicio das súas funcións. Así mesmo, exercerá as competencias que lle deleguen o Alcalde ou alcaldesa e o Pleno Municipal, cando teñan este carácter. Está integrada polo Alcalde ou alcaldesa, que a preside e os concelleiros nomeados libremente pola alcaldía como membros da mesma, sendo asistidos nas súas reunións pola Secretaría Xeral do Pleno da Corporación.
A nivel particular, cada unha das persoas titulares das concellarías que integran a Xunta de Goberno Local mantén unha serie de competencias municipais propias a respecto da área da súa responsabilidade.
Comisións
As comisións informativas son órganos necesarios do pleno. Os tipos e o funcionamento das comisións recóllense nos artigos 72 ao 94 do Regulamento orgánico municipal do Regulamento orgánico municipal
As comisións estarán integradas por unha persoa representante de cada grupo municipal ou partido que obtivese representación, con voto ponderado, conforme ao previsto nos artigos 66 da Lei 5/1997, de 22 de xullo , de Administración local de Galicia; e 76 do Regulamento Orgánico Municipal.
A alcaldesa, Inés Rey García, de acordo co establecido no artigo 78 a) do ROM, é a presidenta nata de todas as comisións. A presidencia efectiva poderá delegarse nun membro corporativo, a proposta da propia comisión. As comisións realizarán unha sesión común, como mínimo, cada tres meses.
Na sesión extraordinaria e urxente do pleno celebrada o día 29 de xuño de 2023, a corporación municipal acordou por unanimidade a constitución das seguintes comisións informativas:
A. COMISIÓNS ORDINARIAS:
B. COMISIÓNS ESPECIAIS:
De conformidade co establecido no artigo 77 do ROM e 124.3 do ROF, constituiranse as seguintes comisións de carácter especial:
Tenente/s de Alcalde ou alcaldesa
Os/as Tenentes de alcaldía substitúen o Alcalde ou alcaldesa en caso de ausencia ou enfermidade. Esta función realízaa de forma independente á competencia que lle corresponda na súa área como edil ou edila.
Ademais dos mencionados, están regulados no ROM outras figuras de organización territorial que poden ser ou non contemplados no funcionamento do teu municipio a criterio do equipo de goberno que os desenvolva.
Distritos
O artigo 128 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, establece que os concellos deberán crear distritos, como divisións territoriais propias, dotadas de órganos de xestión desconcentrada, para impulsar e desenvolver a participación cidadá na xestión dos asuntos municipais e a súa mellora, sen prexuízo da unidade de goberno e xestión do municipio; e sinala que a presidencia do distrito corresponderá en todo caso a un concelleiro/a.
De acordo co artigo 123 da mesma lei, corresponde ao pleno a división do municipio en distritos, e a determinación e regulación dos órganos dos distritos e das competencias dos seus órganos representativos e participativos, sen prexuízo das atribucións da Alcaldía para determinar a organización e as competencias da súa administración executiva.
De conformidade co artigo 124 da Lei 7/1985, correspóndelle á Alcaldía nomear e cesar os tenentes de alcalde e os presidentes dos distritos.
A creación de distritos como forma de organización territorial da cidade da Coruña recóllese no artigo 112 do Regulamento orgánico municipal de 2004, no que se establece que o réxime orgánico e xurídico da devandita organización territorial será obxecto dun regulamento independente.
En virtude do decreto DEC/AYT/5900/2026, de 28.07.2026, os concelleiros/as do Goberno municipal atenderán de forma directa as demandas e propostas dos veciños e veciñas de cada barrio, quedando adscritos da seguinte maneira:
Consello Social da cidade
O artigo 110 do Regulamento orgánico municipal de 2004 recolle a constitución e réxime orgánico e xurídico do Consello Social da Cidade establecido no art. 131 da Lei 7/85.
Defensor do veciño
Co fin de defender os dereitos dos veciños ante a administración municipal créase o órgano denominado Defensor do Veciño. A constitución, organización e funcionamento deste órgano, segundo se establece no artigo 113 do Regulamento orgánico municipal de 2004 será obxecto do correspondente Regulamento específico e independente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible