Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Que é unha Memoria de xestión municipal?

libro, páxinas, consulta

É o documento que integra a información de relevancia da xestión municipal realizada durante o ano e que, segundo recolle o art. 192 da Lei reguladora das Facendas Locais, debe acompañar a Conta Xeral do concello. Este documento comprende:

  1. unha memoria xustificativa do custo e rendemento dos servizos públicos
  2. unha memoria demostrativa do grao de cumprimento dos obxectivos programados, con indicación dos previstos e acadados e o seu custo.

É un instrumento central da rendición de contas dos concellos ante a cidadanía. Forma parte das obrigas vinculadas á transparencia na xestión pública ao ser unha canle de información sobre a execución dos orzamentos, os servizos prestados, o seu custo e o grao de cumprimento dos obxectivos programados. Son, ao mesmo tempo, instrumentos de reflexión e análise para a propia organización municipal. Deste xeito, as memorias de xestión poden e deben converterse nun estímulo para introducir innovacións na xestión municipal.

Podes consultar nos seguintes arquivos a xestión municipal realizada nos últimos anos:

Memorias de xestión

Inicio / 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión