Concello da Coruña

Concello da Coruña

Plans e programas

Todo Goberno municipal desenvolve unhas liñas de actuación que poden ter carácter estratéxico ou sectorial.

Poden ter un carácter plurianual (é dicir, desenvolveranse a longo prazo), poden durar o que dura un mandato (cunha previsión de 4 anos), ou ben ter un alcance de execución temporal menor.

A información que ofrecemos a continuación refírese a:

  • Plans estratéxicos: son un proceso de análise a partir do que se deseñan os grandes eixes arredor dos cales se establecerán as liñas mestras e actuacións de futuro a medio e longo prazo dun Goberno municipal, nunha ou varias áreas da súa competencia.
  • Plans sectoriais: son actuacións municipais concretas previstas para impulsar e potenciar unha área determinada e considerada de interese para a cidadanía dentro das competencias municipais.
  • Participación en redes estratéxicas: ocorre en múltiples ocasións que un concello participa ou colabora en redes estatais ou internacionais. Estas redes poden estar relacionadas con áreas temáticas ou sectores específicos (educativos, de servizos sociais, de investigación, de eficacia ambiental, de xestión cultural...) que en ocasións son descoñecidas para a cidadanía pero cuxa participación nelas define non só a actividade dun concello, senón tamén a súa relevancia polas achegas que realiza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión