Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Como é a nosa organización municipal?

corporativo

A organización municipal está constituída polos recursos persoais e institucionais, é dicir, persoas e goberno, que desenvolven as competencias que lles permiten garantir o benestar da súa cidadanía.

Nesta organización hai que distinguir entre:

- goberno municipal, integrado por todos os órganos con poder executivo, tanto necesarios como complementarios, que se describen máis adiante

- corporación municipal, constituída polas/os concelleiras/os de todos os grupos políticos elixidos por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto

A estrutura municipal deste concello e a súa organización e funcionamento establécese no seu  Regulamento Orgánico Municipal  (ROM) de 2004, aprobado polo Pleno o 2 de novembro de 2004 e publicado no BOP da Coruña do 13 de decembro do mesmo ano. No BOP do 12 de febreiro de 2005 publicouse unha pequena corrección de erros deste documento inicial.

O 27 de marzo de 2020, con motivo da situación excepcional provocada pola incidencia do COVID-19, publicouse un Decreto da Alcaldía de adaptación estrutura organizativa regulando as posibles suplencias entre o equipo de goberno, e unicamente mentres dure o estado de emerxencia sanitaria pola epidemia do COVID-19.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión