Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Compensación para as persoas usuarias dos antigos ecohortos do Agra do Orzán

As persoas adxudicatarias dos hortos urbanos do Agra do Orzán que tiveron que deixar as súas parcelas de cultivo por mor das obras do polígono residencial de Visma poderán beneficiarse dun tempo adicional de uso dos hortos que se habiliten na próxima convocatoria

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 28/11/2025 hasta el 31/12/2025

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Comunicado (129 KB)

Co inicio das obras para urbanizar o Sector II de San Pedro de Visma as personas adxudicatarias dos hortos urbanos do Parque do Agra do Orzán viron extinguidas as autorizacións de uso sobre os ditos espazos antes da finalización da convocatoria de hortos 2022-2026. Para compensar ás usuarias e usuarios que tiveran autorización vixente no momento da dita extinción anticipada (31.10.2024) o Concello ofreceralles a posibilidade de desfrutar dunha parcela no novo parque de hortas que se habilite en Visma, durante un período equivalente ao tempo non desfrutado, que abranguerá dende marzo de 2026 ata o 15 de xuño de 2027.

Esta compensación tan só beneficiará a quen, tras presentar a solicitude nos termos e prazos sinalados neste aviso, non resulte adxudicataria/as dunha parcela para o período completo establecido na nova convocatoria.

Será imprescindible, polo tanto, que as persoas interesadas presenten a solicitude para a nova convocatoria de hortos urbanos 2026-2029, cuxas bases se publicarán, previsiblemente, antes de que finalice o vixente ano.

Na devandita solicitude, que se deberá presentar dentro do prazo que se indicará nas mencionadas bases, terán que solicitar parcela no parque de San Pedro de Visma. No caso de indicar outro parque diferente entenderase que renuncian a toda compensación.

A nova convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) e na páxina web do Concello (www.coruna.gal/medioambiente/gl/sectores-ambientais/espazosverdes/ecohortas) Para calquera dúbida, poden contactar co servizo de Medio Ambiente no teléfono 981 184 315.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión