Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ábrese o prazo para presentar alegacións ao Plan Municipal para a Xestión e Prevención de Residuos do Concello da Coruña

Dende o 23 de febreiro e durante trinta días hábiles as persoas interesadas poderán presentar alegacións ou suxestións ao texto que aproba inicialmente o Plan Municipal de Xestión de Residuos

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 23/02/2026 hasta el 08/04/2026

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Anuncio BOP 20.02.2026 (106 KB)

O Pleno do Concello da Coruña, en sesión ordinaria de 12 de febreiro do 2026, acordou aprobar inicialmente o Plan Municipal de Xestión e Prevención de Residuos do Concello da Coruña (PMXR), cos votos a favor dos grupos municipais dos Socialistas de Galicia-PSOE (10 votos) e do Bloque Nacionalista Galego (4 votos), e a abstención do Grupo municipal do Partido Popular (11 abstencións), de conformidade co art. 88.6 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na mesma sesión acordouse someter o devandito documento ao trámite de información pública polo prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), coa fin de que os interesados poidan formular as correspondentes alegacións e suxestións

Por tanto, faise pública a aprobación inicial do texto para que as persoas interesadas poidan presentar por escrito, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (BOP núm. 34 do 20.02.2026), as alegacións e suxestións que estimen pertinentes. Para tal fin poderán examinar o texto da modificación nas oficinas do Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña, sitas na rúa Pedro Ferrer s/n (Edificio Casa da Auga, 5º andar) en días hábiles de 09:00 a 14:00 h, ou ben a través da web do Servizo de Medio Ambiente ( Descargas documentos e informes ambientales , Residuos y limpieza, PMXR_2025_2030.pdf).

As alegacións e propostas poderán presentarse en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das Administracións públicas.

No caso de que non se presenten reclamacións nin suxestións, entenderase definitivamente aprobada modificación. A aprobación definitiva e o texto final serán publicados no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Pódese consultar o texto íntegro do documento sometido a información pública tamén no taboleiro de edictos do Concello da Coruña.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión