Os socialistas Pilar Neira e Juan Ignacio Borrego, exixen medidas para poñer fin á precarización laboral, na reunión coa plantilla
O PSOE ven de defender os dereitos laborais dos traballadores das instalacións deportivas municipais e reclama ao Concello da Coruña que faga valer as demandas da plantilla ante a empresa concesionaria dos servizos. Os socialistas temos previsto levar ao pleno esta situación para correxir un problema que se está a repetir unha e outra vez nas concesións municipais, moi recentemente xa aconteceu cos conserxes do Fórum Metropolitano.
A edil socialista Pilar Neira e o vicesecretario xeral e voceiro da Agrupación Socialista, Juan Ignacio Borrego, mantiveron una xuntanza con representantes dos traballadores das instalacións deportivas municipais e puideron constatar a precarización progresiva das condicións da plantilla. Da mesma maneira, denuncian a actitude discriminatoria contra os traballadores que encabezan as reivindicacións, así como as dificultades para a conciliación e a imposición de calendarios sin acordo do comité.
A socialista Pilar Neira pregunta onde está a calidade do emprego público e especialmente neste servizo cando non se respectan os dereitos laboráis, se fan traslados continuos dos traballadores de unha instalación a outra, con deterioro do servizo, e non se respecta a bolsa de emprego.
Chama a atención que o Concello teña coñecemento desta situación e non faga nada, nin siquiera un novo contrato, pois o actual venceu en agosto de 2016. Por suposto, os socialistas acompañaremos aos traballadores na concentración prevista para o próximo luns en María Pita.
Datos de contacto
Dirección: Plaza de María Pita, 1. 15001. A Coruña
Teléfono: 981 184 260
25 de mayo de 2018
El portavoz, José Manuel García, se ha interesado por los proyectos de la Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña, durante su visita a la sede de la entidad
22 de mayo de 2018
22 de mayo de 2018
21 de mayo de 2018
resultados 73
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible