Concello da Coruña

Concello da Coruña

Estrutura social

Organización e xerarquización interna

A estrutura social das sociedades dos castros foi unha cuestión sometida a numerosos debates durante as últimas décadas. Máis aló de partidarios de distintas posicións, na actualidade asúmese que, durante a Idade do Ferro, as comunidades que habitaban os castros non tiñan unha identidade ou sociedade homoxénea, senón que existían numerosas variacións rexionais en boa parte das facetas da vida. Non en balde, para o territorio galaico coñécense case tantos populi (pobos, etnias) como para a totalidade da Galia, cuxa extensión era 15 ou 20 veces maior.

Así, considérase que as sociedades do interior tendían a formar relacións sociais de carácter máis igualitario, mentres que as sociedades da área das Rías Baixas formarían modelos máis xerarquizados e con diferenzas de clase dentro da comunidade. No caso de Elviña, as características do castro parecen asemellalo máis ao contexto das Rías Baixas. Todo parece indicar que, a escala social, o Castro de Elviña contaba con notables xerarquías internas, con distintos colectivos de poder que terían capacidade para controlar a determinados sectores da poboación. Isto podería facerse a través de distintas estratexias, pero un factor relevante que coñecemos é a capacidade para regular o abastecemento de determinados, produtos como o viño, cuxo control e distribución facilitaría controlar a aqueles que pretendían alcanzalo.

Os últimos datos sinalan que as relacións de parentesco, con maior probabilidade, terían patróns de residencia patrilocal tras o casamento; é dicir, que a parella casada residiría na vivenda da familia do home. A organización intrafamiliar é máis complexa de discernir, pois, aínda que o máis habitual é que a liñaxe fose herdado por vía paterna, o certo é que os textos de Estrabón indican certas anormalidades, como que os homes daban o dote ás mulleres e as fillas eran as que herdaban e daban muller aos seus irmáns.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión