Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Camiño ao estatuto. Castelao e máis.

Exposición organizada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais, do 18 de decembro ao 6 de xaneiro de 2026, na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga con motivo do ano Castelao.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Duración:

Do 18 de decembro ao 06 de xaneiro

Enderezo:

Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

bestudiosl@coruna.gal

Tel.: 981 184 386

Cando se cumpren 75 anos do pasamento de Castelao, e como homenaxe á súa persona, a biiblioteca de Estudos Locais ten organizada a exposición titulada "Camiño ao Estatuto, Catelao e máis", que a través dos fondos bibliográficos da biblioteca permite percorrer o longo camiño andado para conseguir a autonomía para Galicia.

Aínda que Castelao foi un dos protagonistas deste proceso, xunto a el, tamén traballaron en prol do Estatuto outros galegos e galegas, sen cuxo pulo neste feito non sería hoxe unha realidade. Moitos destes homes e mulleres figuran destacados nesta exposición.

Os fondos que se expoñen proceden, todos eles, da colección que custodia a   Biblioteca Municipal de Estudos Locais

Acto inaugural: xoves 18 de decembro, 18:30 horas. A continuación, Concerto do cuarteto Fúa na Biblioteca de Estudos Locais (aprox. 19:30 h.)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión