Concello da Coruña

Concello da Coruña

Augas de consumo

O forte incremento poboacional e o aumento da actividade industrial no solo da cidade da Coruña a partir da década dos cincuenta, fixo necesaria unha solución para cubrir as necesidades de abastecemento. En 1975 iníciase a construción do encoro de Cecebre, situado entre a confluencia de dous ríos, o principal do río Mero e o do seu afluente, o Barcés, garante hoxe a subministración á poboación local.

Características principais do encoro de Cecebre
Superficie 275 Ha
Capacidade 23 Hm3
Profundidade máxima 15 m
Renovación de auga 50 días
Anchura máxima (Mero) 900 m
Lonxitude máxima 2800 m
Temperatura media 13-14 º C
Oscilación térmica 9-10 º C
Precipitación anual 900-1000 mm
Días de choiva 150 días

Proceso de captación

Despois de saltar polos aliviadoiros da presa, a auga –cualificada con alta calidade para o consumo humano- prosegue o seu camiño durante 7 quilómetros pola propia canle natural do río Mero, atravesando o municipio de Cambre.

Características da auga
Cor 20 p.p.m.
Turbidez Moi variable
PH 6,6
Dureza 2º HF
Alcalinidade 2º HF
Cloruros e sulfatos 24 mgs en CO3Ca
Salinidade total 59,5 mgss/I

O seguinte paso consiste no tratamento de augas que EMALCSA realiza en tres plantas: Cañás, Telva 1 e Telva 2.

Entre as tres estacións impúlsase ao ano un volume superior aos 38 millóns de m3. A maior parte deles, algo máis de 22 millóns son tratados na Telva 2, a de maior capacidade e a última en poñerse en funcionamento. O conxunto de instalacións que compoñen esta planta están preparadas para tratar unha capacidade máxima de 5.490 m3/h.

Proceso de tratamento:

Tratamento físico de desbaste. Elimina suspensións grosas (trapos, madeiras...) e follas, mediante a utilización de dúas reixas automáticas, situadas en serie. A segunda reixa está dotada dun sistema de lavado que mantén constante a limpeza da súa fina malla.

Bombeo da auga ata o seguinte paso por medio de tres bombas verticais de 4.000 litros/segundo cada unha, a 11 m.C.A.

Decantadores floculadores. Realízanse dous pasos diferentes. A floculación é a agrupación das partículas ao poñerse en contacto unhas con outras favorecida por uns produtos especiais, os floculantes. Desta forma, as partículas, xa de maior tamaño, sedimentan ou poden ser recollidas posteriormente. No fondo dos decantadores acumúlanse os lodos, que son extraídos automaticamente. Son dúas unidades de 24 m de diámetro, cunha velocidade ascensional de 3,41-3,64 m3 por m2/hora. A potencia absorbida pola turbina é de 3,6 CV.

Equipos de filtración. Formados por oito unidades automáticas de aproximadamente 5 x 10 metros, que suman máis de 400 m2 de superficie total. A filtración realízase a unha velocidade de 6,48-5,92 m3 por m2/hora. O lavado realízase por aire e auga.

Dosificación e adición de reactivos. O último paso no tratamento da auga consiste na adición dunha serie de reactivos para deixar a auga en condicións óptimas. A dosificación é automática en función do volume de auga. Os produtos utilizados son: cloro, sulfato de alúmina ao 8% e polielectrolito. Por exemplo, a dose media de cloro é de 2,02 gr/m3, o que supón uns 78.250 quilos de consumo anual (en función do volume de auga). A auga final é de excelente calidade. A turbidez é inferior a 0,2 p.p.m, e a cor inferior a 0,1 p.p.m.

Análise

A calidade da auga mantense dentro dos niveis óptimos, que cumpren os requisitos establecidos na Regulamentación Técnico-Sanitaria en vigor. Os controis analíticos realízanse á saída das plantas de tratamento e na rede de distribución para a auga tratada. As augas superficiais son analizadas nos ríos Barcés e Mero e no encoro de Cecebre.

354 km de tubaxes

Unha vez finalizado o tratamento, a auga, xa potabilizada, é transportada mediante unha tubaxe de 800 mm de diámetro e a axuda de tres grupos motobombas de 1.440 m3/hora. A distribución na cidade realízase dende tres depósitos elevados situados no Ventorrillo, Monte Alto e Os Castros, e dende aquí, repártese a toda a cidade por unha intrincada rede de tubaxes duns 354 km de tubaxes que discorren polo subsolo urbano. Isto supón unha correspondencia de 1,45 m por cada habitante que utiliza o servizo de abastecemento.

Dependendo das necesidades da condución, as tubaxes están feitas en fundición ou plástico, materiais que van substituíndo as antigas canalizacións de fibrocemento. Os diámetros da tubaxe varían dende os 500 mm de diámetro para as conducións xerais ata os 80 mm das máis pequenas.

Usamos ben a auga?

Un dato moi importante para poder avaliar se os cidadáns facemos un bo uso da auga é analizar os consumos que se realizan.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión