Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina Virtual do Grafiti

O Servizo de Medio Ambiente puxo en marcha unha "OFICINA VIRTUAL DE ATENCIÓN EN MATERIA DE GRAFITI" coa finalidade de axuntar todos os recursos existentes para a xestión das pintadas ilegais, ofrecendo unha ferramenta áxil e eficaz dirixida ao control integral das pintadas vandálicas realizadas na cidade, e á súa eliminación.

Nesta Oficina Virtual, que contará coa colaboración da Patrulla Verde, a empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria e a empresa Orión Analistas, traballarase conxuntamente nos seguintes aspectos:

  • Creación dunha base de datos actualizada dos grafitis non autorizados existentes na cidade.
  • Identificación de graffiteros activos e elaboración de informes periciais para a posterior tramitación dos correspondentes expedientes sancionadores (ou remisión de actuacións a Fiscalía).
  • Limpeza de fachadas de titularidade non municipal que linden con espazos de uso público mediante a eliminación das pintadas e grafitis non autorizados.

Este traballo de limpeza de fachadas irase realizando por barrios/distritos de forma lineal e continua, co obxectivo de ir gañando espazos limpos e reducindo paulatinamente os espazos sucios ata a súa desaparición, e realizarase nas seguintes fases

1. DETERMINACIÓN DO DISTRITO/BARRIO DE INICIO DOS TRABALLOS

Desde o punto de vista técnico e estratéxico, para lograr o obxectivo de limpeza de forma lineal, considerouse oportuno iniciar a limpeza na Cidade Vella, continuando polo Distrito 10 (Monte Alto) e os Distritos 9 e 8 cara a Ronda de Nelle.

2. SEGUIMENTO DO ESTADO DE LIMPEZA

A medida que se vaian limpando as pintadas dun barrio/distrito farase un seguimento para evitar que aparezan novas pintadas e, no seu caso, para a súa inmediata eliminación. O obxectivo é preservar a limpeza das zonas xa tratadas.

Para iso, contaremos coas seguintes canles de entrada de información:

  • VECIÑOS: Poderán avisar da aparición de novas pintadas en zonas xa limpas a través do
    • EMAIL (a través do mail: oficinavirtualgraffiti@coruna.gal)
    • 010
  • EMPRESA DE LIMPEZA (UTE A Coruña LIMPEZA)
  • EMPRESA CONTENERIZACIÓN (UTE ATLANTICA)
  • POLICÍA LOCAL

3. XESTIÓN DA INCIDENCIA

Detectada unha nova pintada nunha zona limpa, ponse en marcha un dispositivo que comezará coa Intervención da Policía Local, que realizará un informe denuncia dos feitos.

A continuación, a empresa de limpeza viaria acudirá a limpar a pintada no menor tempo posible. O tempo de resposta medio será de menos de 48 horas. Se a pintada produciuse en colectores/papeleiras, será a empresa concesionaria do servizo de contenerización quen se encargue da súa eliminación, cun tempo de resposta similar.

No caso en que a superficie para limpar presente dificultades especiais, con carácter previo á limpeza tratarase de solicitar a autorización da propiedade para a limpeza do espazo de que se trate.

Realizarase unha valoración do importe dos traballos realizados para repercutirllos ao responsable da pintada ilegal, unha vez identificado.

-Modelo de autorización / declaración responsable para a limpeza de grafitis en elementos que presenten especiais dificultades. Este formulario poderase remitir ao Concello a través do correo electrónico oficinavirtualgraffiti@coruna.gal

-Modelo de documento de denegación de autorización para limpeza das fachadas.

Formulario de solicitude (59 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión