Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consumo sustentable

  • Destinatarios:

          Público en xeral
  • Duración:

    180 minutos


Descrición:

I. A ruta dos alimentos
A cantidade de materiais utilizados na elaboración dun produto ao longo do seu ciclo de vida constitúe a súa "mochila ecolóxica". Coñecela permitiranos valorar a importancia do impacto ambiental que teñen os nosos hábitos de consumo.

II. A compra ecolóxica
Todos mercamos produtos a diario, pero poucas veces nos paramos a pensar como inflúen os nosos hábitos de compra no medio ambiente. Nesta charla aproximarémonos a unha compra responsable ambientalmente.


III. Os produtos do fogar
Trataremos de descubrir os riscos e problemas ecolóxicos de diferentes produtos comúns no noso fogar. O desenvolvemento de hábitos de compra racionais e responsables co medio ambiente é o obxectivo.

Volver a menú

O fogar ecolóxico

  • Destinatarios:

          Público en xeral
  • Duración:

    180 minutos


Descrición:

I. Envases ecolóxicos... e que non o son
O obxectivo do envase ecolóxico é crear un paquete que minimice o impacto que a súa existencia ten no medio ambiente, como tamén deseñalo para que poida ser reutilizado (reciclado) logo de que o produto no seu interior fose usado ou consumido. Aprendamos a identificar que é e que non o é.


II. O uso sustentable da auga
A auga é imprescindible para o ser humano, xa que o necesitamos para a maioría das nosas actividades. Pero tamén sabemos que a auga é un ben escaso e a súa dispoñibilidade está relacionada coa calidade de vida. De aí a importancia de concienciarnos da importancia e necesidade de fomentar un uso eficiente e sustentable.


III. Canta enerxía gastas?
A medida que unha sociedade se fai máis desenvolvida consome máis enerxía, pero non sempre o fai de maneira eficiente. Os diferentes electrodomésticos teñen distintos consumos e non todos están recomendados para os mesmos usuarios. Ademais do aforro económico que nos poida supoñer unha boa elección, o malgaste enerxético contribúe ao cambio climático.

Volver a menú

Separación en orixe e concienciación cidadá

  • Destinatarios:

          Público en xeral
  • Duración:

    180 minutos


Descrición:

Ten por obxecto analizar en forma de posta en común as diferentes accións desenvoltas por distintas administracións para minimizar a produción de residuos no fogar e a súa importancia dentro do proceso de tratamento dos residuos urbanos.
I. Importancia no proceso de recollida
II. Importancia no tratamento

Volver a menú

Un fogar sustentable

  • Destinatarios:

          Público en xeral
  • Duración:

    180 minutos


Descrición:

Talleres, xogos e vídeos introdúcennos en bos hábitos no fogar dende un punto de vista do aforro enerxético e protección ambiental (produción de residuos, consumo eléctrico...). A través deles valoraremos mellor a importancia das nosas decisións dende ambos os puntos de vista.

Volver a menú

Estratexia contra o cambio climático da Coruña

  • Destinatarios:

          Público en xeral
  • Duración:

    180 minutos


Descrición:

A Estratexia contra o cambio climático da Coruña recolle que “a loita contra o cambio climático xa non é unha cuestión doutros” e que as cidades teñen que poñer en marcha unha serie de medidas “que fixen o camiño adecuado para reducir as emisións dos gases de efecto invernadoiro que contribúen a empeorar a nosa situación de calidade ambiental a nivel local e que e incide como contribución alícuota a nivel global. A Estratexia contra o cambio climático da cidade da Coruña é un instrumento estratéxico de planificación e coordinación que define os obxectivos e deseña as actuacións para a súa consecución nun horizonte definido, o ano 2020”. Este curso pretende dar a coñecer con sinxeleza e claridade expositiva, os inicios e as causas, pero tamén as solucións, a este grave problema ambiental que nos afecta a todos.

Primeira xornada.

I. Historia do descubrimento e a descrición do cambio climático
II. Cando o cambio climático era aínda unha “teoría”: as voces en contra
III. A loita contra o cambio climático a nivel global: accións internacionais e europeas

Segunda xornada.

I. O cambio climático: estado actual e previsións
II. Como afecta o cambio climático a Galicia?

Terceira xornada.

I. Consecuencias actuais e previstas do cambio climático en España
II. Iniciativas autonómicas e municipais contra o cambio climático en Galicia

Cuarta xornada.

I. Como e canto contribúe A Coruña ao cambio climático?
II. Cales son os plans adoptados para reverter esta situación no marco da Estratexia contra o cambio climático da Coruña

Volver a menú

Xornadas da Rede de Enerxía Sustentable

  • Destinatarios:

          Membros da Rede de Enerxía Sustentable e público en xeral
  • Duración:

    180 minutos/xornada


Descrición:

O Concello da Coruña veu mostrando unha gran sensibilidade coa sustentabilidade e co medio ambiente. Froito diso son, entre outras medidas, a posta en marcha da Estratexia Contra o Cambio Climático da Coruña e a Rede de Enerxía Sustentable da Coruña. Partindo dunha exposición previa farase unha posta en común coas persoas participantes que sirva para o intercambio de experiencias entre os membros da Rede.

Formúlanse as seguintes xornadas técnicas:

  • Xornada 1: Grupo de traballo de profesionais técnicos
  • Xornada 2: Grupo de traballo de profesionais da educación
  • Xornada 3: Grupo de traballo de administración pública
  • Xornada 4: Grupo de traballo da poboación

Volver a menú

Falamos?

  • Destinatarios:

Público en xeral
  • Duración:

    180 minutos/xornada


Descrición:

Todas as cidades producen impactos ambientais. Partindo da información dispoñible, poñerase en común cómo nos afectan as nosas propias actuacións e valoraranse as accións dos diferentes plans de xestión municipais:

Falamos?

  • Taller 1: Do aire na Coruña
  • Taller 2: Da auga
  • Taller 3: Dos residuos e do consumo
  • Taller 4: Da natureza
  • Taller 5: De sustentabilidade

 


Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión