Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo de Limpeza

Servizos

A nosa cidade conta cun complexo sistema de limpeza viaria, mecánica e manual, que alcanza ata o último recuncho da armazón urbana. O parque de medios conta con vehículos ecolóxicos, eléctricos e de gas. Entre os primeiros, varredoras, bicicletas e vehículos para o repaso de tarde. Entre os segundos, alxibes e furgonetas.

Pero ademais do traballo da Administración coruñesa por manter a cidade limpa, á vez que coida o medio ambiente, a cidadanía temos que poñer o noso gran de area. É preciso usar os medios ao noso alcance para a recollida selectiva e as papeleiras e que, en consecuencia, todo o proceso de xestión de residuos funcione de forma eficiente.

De entre os modernos equipos de limpeza utilizados pola nosa cidade para chegar mesmo ás zonas máis difíciles, destacan:

  • Servizo de varrido mecánico.
  • Servizo de baldeo mecánico.
  • Equipo de eliminación de grafitis de edificios e mobiliario urbano a través da aplicación a baixa presión de auga e po de rocha.
  • Vehículos para a recollida de excrementos caninos.
  • Vehículos para a rexeneración de parámetros horizontais (zonas peonís).
  • Retirada de carteis.
  • Limpeza de manchas.
  • Limpeza de túneles.

 

Plano de ruta de varrido manual

Plano de ruta de varrido mecánico 1

Plano de ruta de varrido mecánico 2

Volver a menú

Limpeza de praias

O servizo de limpeza de praias consiste en:

  • A retirada manual de algas, papeis, latas, plásticos e outros residuos depositados nas praias polas mareas ou pola cidadanía.
  • A limpeza dos areais cun tractor limpa-praias.
  • O baleirado das papeleiras e colectores instaladas nas praias.
  • A limpeza e o mantemento das instalacións de duchas e lavapés.

Este esforzo está orientado a unha limpeza compatible co seu carácter natural que ano tras ano é recoñecido coas bandeiras azuis e a UNE- EN-ISO 14001.

Outros contidos relacionados

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión