Concello da Coruña

Concello da Coruña

Premios e galardóns

Bandeira Azul

A Bandeira Azul é unha distinción que a Fundación para a Educación Ambiental (FEE), unha organización independente, entrega cada ano a aquelas praias europeas nas que se promove a limpeza e a seguridade, a educación ambiental e a acción colectiva pola protección do medio ambiente litoral. No caso de España, é a ADEAC a que constitúe a rama nacional da FEE.

Cando a Bandeira Azul ondea nas nosas praias é porque nelas cúmprense, polo menos, os seguintes requisitos:

  • Presenza de auga potable.
  • Duchas e sanitarios sen deterxentes.
  • Non se permite a entrada de vehículos.
  • Non se permite a acampada incontrolada.
  • Non se permite a entrada de animais domésticos.
  • As augas do mar están limpas e son regularmente analizadas.
  • Existen campañas de información e educación ambiental.
  • Hai un servizo de limpeza de area e recollida de residuos.
  • Existen servizos de vixilancia, salvamento, socorrismo e primeiros auxilios.
  • Hai accesos fáciles e seguros para toda a cidadanía.
  • Existen sistemas de sinalización e respecto á lexislación de costas.

Volver a menú

Premios "Escobas" de prata, ouro e platino

Os Premios "Escobas" de prata, ouro e platino 2012 son concedidos pola Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente (Ategrus) como recoñecemento aos municipios, mancomunidades, cabildos, comunidades autónomas, empresas, enxeñerías e consultorías máis destacados na xestión de residuos e limpeza urbana.

A cidade da Coruña foi recoñecida en numerosas ocasións con este galardón, destaca a "Escoba" de platino outorgada durante a edición do 2012.

Volver a menú

Ecopraias

Os areais de Riazor-Orzán, Lapas, Oza e San Amaro contan dende hai xa algúns anos co distintivo Ecopraias.

O Concurso “Bandera Ecoplayas” é un recoñecemento á xestión sostible de praias españolas e portuguesas.

Este premio diríxese a todos os municipios ou entidades supramunicipais españois con praia, tanto costeiros como de interior (praias fluviais, lagos ou encoros), e tamén ás praias portuguesas, non necesariamente de area ou pedras (granítica, calcaria, basáltica), senón calquera tipo de interfase terra-auga (en formigón, madeira, plástico reciclado, terra vexetada, téxtil, etc.).

Volver a menú

Fundación Garrigues

Dende o ano 1998 Garrigues Medio Ambiente organiza xunto co diario económico Expansión e o grupo editorial xurídico Wolters Kluwer, os Premios de Sostenibilidade e Medio Ambiente co obxectivo de recoñecer e difundir publicamente os esforzos das entidades públicas e privadas dirixidos á preservación das especies, a protección ambiental, a excelencia na xestión ambiental e a ecoeficiencia, a loita contra o cambio climático, o fomento das enerxías renovables e o desenvolvemento sostible.

Os premios convertéronse nun referente a nivel nacional dende o punto de vista das estratexias e da acción sostible no ámbito empresarial e das administracións públicas, e contan cun grande apoio institucional. Ao longo dos anos estes galardóns foron testemuñas da evolución do comportamento sostible no noso país e do desenvolvemento das tecnoloxías ao servizo do medio ambiente.

No 2005 esta institución recoñeceu o labor desenvolvido na recuperación do litoral coruñés denominado “Proxecto Coruña Litoral 21”, que utilizou como protagonista a un virapedras chamado “Alert” que cada ano visitaba as nosas costas. A elección da Coruña por este virapedras demostra a calidade ambiental da nosa contorna ao pemirtirlle atopar nel todo o que necesita para vivir ao longo da súa estancia.

Volver a menú

Fundación Fórum Ambiental

No 2009 o Plan de Mellora da Calidade do Aire e Acústica da Coruña resultou finalista no apartado da categoría “Atmosfera” dos Premios Cidade Sostible que outorga a Fundación Fórum Ambiental.

Estes premios naceron no ano 2002 baixo o auspicio da Fundació Fòrum Ambiental, co apoio de Fira de Barcelona, como recoñecemento ao esforzo dos municipios ao desenvolvemento sostible. Estes premios de periodicidade anual outórganse a aqueles municipios de máis de 5.000 habitantes e entes locais supramunicipais do Estado español nos que se executaron satisfactoriamente actuacións dirixidas á sostenibilidade nun período de 2 anos de duración, e que presenten evidencias da existencia dun compromiso político co desenvolvemento sostible.

Volver a menú

Nations in Bloom

O premio Nations in Bloom, hoxe denominados Premios LivCom, puxéronse en marcha en 1997 e foron apoiados polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) mediante un convenio que une a ambas as partes. LivCom premia as mellores prácticas internacionais en materia de xestión do medio ambiente local e teñen como obxectivo desenvolver e compartilas a nivel planetario co obxectivo adicional de mellorar a calidade de vida da cidadanía mediante a creación de comunidades habitables.

Os Premios LivCom son administrados por unha compañía sen ánimo de lucro rexistrada no Reino Unido.

A Coruña recibiu no 2001 o premio Nations in Bloom ás mellores prácticas polo proxecto de recuperación do vertedoiro de Bens, co que a cidade converteu nun grande espazo verde unha contorna na que anteriormente se encontraba o vertedoiro da cidade, aproveitando enerxeticamente o biogás producido no seu selado.

No 2002 A Coruña acadou o terceiro lugar na categoría D (cidades entre 200.000-1.000.000 habitantes).

Volver a menú

Premios ás Boas Prácticas Locais polo Clima da FEMP

A Coruña resultou premiada na categoría de Enerxía pola súa Plataforma para a Xestión Centralizada da Enerxía implantada en 51 edificios, un proxecto pioneiro no ámbito estatal co que se posibilita o control en tempo real dos consumos municipais e a posta en marcha de políticas de xestión sustentable da enerxía mediante a implicación de todos os actores municipais, tanto persoal como usuarios, grazas á implantación dunha norma como a ISO 50001.

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión