En marzo «O ceo para decatados», coa postal planetaria de Borja Tosar terá lugar o sábado 21. O sábado 28 de marzo celebrarase só a sesión «O ceo do mes»
Para público en xeral
Os días 21/03/2026, 28/03/2026
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha invitación na recepción da Casa das Ciencias.
As invitacións repártense (máximo de dúas invitacións por persoa) media hora antes do inicio de cada sesión, ata completar a capacidade.
Todos os últimos sábados de cada mes o Planetario da Casa das Ciencias celebra dúas sesións especiais.
Neste mes de marzo, de forma excepcional, a sesión «O ceo para enterados» (sesión en directo para maiores de 14 anos, destinada a un público afeito a observar o ceo nocturno e con coñecementos previos) e a Postal planetaria a cargo de Borja Tosar, astrofísico colaborador dos Museos Científicos Coruñeses, trasládase ao sábado 21 ás 11.30 horas.
O sábado 28 de marzo celebrarase só a sesión das 13 horas «O ceo do mes». en directo e para maiores de 10 anos, destinada a mostrar os detalles do ceo do mes entrante a público principiante.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible