Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Cando:

10 de marzo de 2007

O alcalde preside no parque de San Diego o acto de plantación de 22 árbores en homenaxe ás mulleres

O alcalde, Javier Losada, presidiu o acto de plantación de 22 árbores como homenaxe ás mulleres. Cada árbore leva o nome dunha muller que destacou nalgún campo pola súa loita e defensa dos dereitos das mulleres. As especies plantadas son aciñeiras, lagunarias e cerdeiras. O acto realizouse no parque de San Diego.

As mulleres homenaxeadas son as seguintes:
 
1. Felicia Auber (A Coruña, 1821). Xornalista  e escritora. Defensora da educación da muller e da súa igualdade intelectual co home.
2. Sofía Casanova (A Coruña, 1861). Primeira correspondente de guerra galega. Pertence á xeración literaria de Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
3. Francisca Herrera (A Coruña, 1869). Primeira muller Académica electa da Real Academia Galega.
4. María Barbeito (A Coruña. 1880). Destacada pedagoga. Conferenciante sobre os dereitos das mulleres e dos nenos.
5. Olimpia Valencia (Baltar, 1898). Primeira muller galega licenciada en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.
6. Filomena Dato (Ourense, 1856). Poeta. Feminista. O seu texto máis coñecido é 'En defensa das mulleres'.
7. Fanny Garrido (Liáns, 1917). Escritora, tradutora. Publicou baixo o pseudónimo Eulalia de Liáns, a súa obra máis coñecida é Escaramuzas, de corte autobiográfico.
8. María Casares (A Coruña, 1922). Actriz. Exiliada en Francia, onde consegue os premios Nacional de Teatro e Molière.
9. Hipatía de Alejandría (Alexandría, 370). A científica máis famosa da antigüidade. Mestra de matemáticas e de filosofía. Referencia cultural da súa época.
10.Christine de Pisan (Venecia, 1364) A primeira escritora profesional. No libro La ciudad de las damas rectifica a idea de que as mulleres non teñen historia nin méritos.
11.Teresa de Calcuta (Macedonia, 1910). Relixiosa católica, fundadora das 'Misioneiras da caridade': o seu traballo levouse a cabo fundamentalmente na India.
12. Marie Stopes (Inglaterra, 1880). Médica. Abriu en Londres a primeira clínica de control de natalidade en 1921.
13.María de Maeztu (Vitoria, 1881). Pedagoga e mestra. Fundou a Residencia Internacional de Señoritas onde formaba mulleres en igualdade cos homes.
14.Clara Campoamor (Madrid, 1888). Deputada do partido radical. A maior defensora do voto feminino.
15.Victoria Kent (Málaga 1898). Avogada, deputada do Partido radical. Foi directora de institucións penitenciarias durante a II República.
16.Margarita Nelken (Madrid 1898). Escritora, crítica de arte e interesada nas reformas pedagóxicas, feminista e deputada socialista na II República.
17.Simone de Beauvoir (París, 1908). Filósofa existencialista e escritora, os seus libros convértense na historia viva do feminismo do século XX .
18. Rosa Luxemburgo (Polonia 1870). Filósofa, política e revolucionaria. Unha dos principais dirixentes socialistas en Alemaña.
19.María Zambrano (Málaga 1904). Filósofa e pensadora, premio Príncipe de Asturias de Humanidades en 1981 e Cervantes en 1988, é unha figura clave para a cultura hispánica.
20. Federica Montseny (Madrid 1905). Anarquista española, foi ministra durante a II República e primeira muller ministra da Europa Occidental.
21. Wangari Maathai (Nyeri, 1940). Keniana, nai de tres fillos, é Premio Nobel da Paz pola súa colaboración ao desenvolvemento sostible, a democracia e a paz en África.
22. Somaly Mam (Nacida en Camboya, de 34 anos). Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional. Loita para rescatar mulleres obrigadas a prostituírse.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión