3 de agosto de 2007
Tamén se aprobou un plan de mellora para esta zona
A Xunta de Goberno aprobou a declaración de 22 rúas da zona do Orzán como Zona Acusticamente Saturada, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños.
A Xunta aprobou declarar como Zona Acusticamente Saturada (ZAS) as seguintes rúas da cidade:
Tamén se aproba o plan de mellora para esta zona, que inclúe medidas para impedir a concesión de novas licenzas para locais potencialmente conflitivos, revitalización dos plans de inspección técnica dos locais de ocio, fomento da redución de categorías dos locais, favorecer o esponxamento de locais e outras medidas que permitan mellorar os illamentos acústicos dos edificios residenciais.
Igualmente, apróbase un plan preventivo para evitar que esta situación se traslade a outros lugares da cidade. Ademais, créase unha comisión de seguimento do plan de mellora, formada polos responsables das áreas de Sostenibilidade, Urbanismo e Policía ou persoas nas que deleguen, que se reunirán unha vez ao mes para avaliar os avances. Esta comisión, polo menos unha vez ao ano, abrirase á participación de representantes veciñais e dos titulares dos locais afectados. Este expediente exponse a información pública durante 30 días para posibles alegacións.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible