Concello da Coruña

Concello da Coruña

Olores

No territorio municipal da Coruña coexisten diversos focos de olor de maior ou menor entidade, todos eles de orixe industrial, que en ocasións afectan á cidade. A percepción cidadá do problema foi cuantificada durante o diagnóstico da Axenda 21 onde se detectou, mediante unha enquisa realizada á poboación, que esta forma de contaminación situábase en segundo lugar como problema ambiental despois do tráfico.

Á vista deste resultado, o Concello da Coruña decidiu atallar o problema e mellorar a calidade do aire a través da posta en marcha no 2005 dun Plan de Xestión dos Olores Molestos da Coruña, pioneiro no estado español. O proxecto consistiu na elaboración dun mapa de olores de todo o termo municipal, no que se analizaron os principais focos de olor da cidade.

Este estudo permitiu identificar as instalacións e, máis concretamente, os procesos responsables da xeración de malos olores na cidade.

Ir a Calidade ambiental

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión