Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

MELIA HOTELS INTERNATIONAL, S.A. (HOTEL MELIÁ MARÍA PITA)

Condicións do servizo

1.- Titular:

MELIA HOTELS INTERNATIONAL, S.A. (HOTEL MELIÁ MARÍA PITA)

Avenida Pedro Barrié de la Maza, 3.

15003 A Coruña

CIF: A- 78304516

2.- Enderezo da instalación:

O mesmo.

3.- Actividade:

Hotel 4 estrelas

CNAE: 5510. Hoteis e establecementos similares

RDPH: Clase 1. Grupo 0. Servizos

4.- Tipoloxía de augas residuais:

- Vertedura composta por augas fecais sanitarias, con augas procedentes da restauración, limpeza, lavandería etc.

- Vertedura de augas pluviais

5.- Coordenadas UTM. Conexión de fecais 1, ao saneamento municipal. Fuso 29. Datum ETRS 89:

X: 548.357,747

Y: 4.802.672,384

6.- Coordenadas UTM da conexión de fecais ao saneamento municipal. Fuso 29, Datum ETRS 89:

X: 548.360,376

Y: 4.802.686,802

7.- Coordenadas UTM, pozo rexistro pluviais. Fuso 29. Datum ETRS 89:

X: 548.363,088

Y: 4.802.667,556

8.- Coordenadas UTM, arqueta control de fecais:

Ten dúas acometidas de fecais e tomáronse a dúas como arquetas de control e toma de mostras.

9.- Volume auga consumida da Rede Pública Municipal:

10.572 m3/ano

10.- Valores límite de emisión e parámetros para controlar:

Valor medio diario máximo

Valor instantáneo máximo

. Aceites e graxas

100 mg/l

150 mg/l

. Amoníaco

30 mg/l

30 mg/l

. Condutividade

5.000 mµ/cm

5.000 mµ/cm

. DBO5

500 mgO2/l

1.000 mgO2/l

. DQO

1.000 mgO2/l

1.500 mgO2/l

. Nitróxeno amoniacal

30 mg N/l

50 mg N/l

. Nitróxeno Kheldajl

40 mg N/l

50 mg N/l

. PH

5,5 - 9

5,5 - 9

. Sólidos en suspensión

500 mg/l

1.000 mg/l

. Tensioactivos aniónicos

6 mg MBAS/l

20 mg MBAS/l

. Cloruros

2.000 mg Cl/l

2.000 mg Cl/l

. Fosfatos

60 mg/l

60 mg/l

. Fósforo total

40 mg P/l

40 mg P/l

. Nitratos

50 mg N/l

50 mg N/l

11.- Horario de vertedura:

Caudal uniforme todo o ano en horario de apertura do establecemento, excepto os meses de verán que practicamente se duplica o consumo mensual do resto do ano.

12.- Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:

Segundo a documentación achegada, xa cumpre a instalación neste momento os límites de vertedura.

13.- Programa de control de verteduras:

. A toma de mostras e as analíticas teñen que se efectuadas por un laboratorio homologado.

. Cada trimestre efectuarase unha analítica dos elementos do apartado 10) desta autorización.

. Cada ano enviaránselle ao concello as analíticas trimestrais e anuais efectuadas.

. Cada ano enviaránselle ao concello os documentos de xestión da arqueta separadora de aceites e graxas.

. Cada ano enviaránselle ao concello os datos do consumo anual de auga da rede pública.

14.- Prazo e validez do permiso de vertedura:

Oito anos desde a notificación da concesión da Autorización de Vertedura, salvo os condicionantes do artigo 15.5 da citada ordenanza municipal.

15.- Actuacións e medidas que deben ser postas en caso de urxencia:

Se unha analítica das recollidas trimestralmente dá valores por encima dos límites, deberáselle comunicarse, antes de 24 horas, ao concello para tomar as medidas oportunas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión