Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Mercado Central de Froita

Condicións do servizo

1.- Titular:

COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO MERCADO CENTRAL DE FROITA (MERCORUÑA).

CIF: H-15371693

2.- Enderezo da instalación:

Estrada Baños de Arteixo, 26. 15008 A Coruña

3.- Actividade:

Almacenamento e conservación en cámaras de mercadorías perecedoiras (froitas e verduras) para a súa posterior distribución por xunto.

CNAE: 2009. Grupo L núm. 6832. Xestión e administración de propiedade inmobiliaria

RDPH: Clase 1. Grupo 3. Alimentación.

4.- Tipoloxía de augas residuais:

- Vertedura composta por augas fecais sanitarias, con augas procedentes da limpeza do mercado e a cafetería, con separador de graxas.

- Vertedura de augas pluviais.

5.- Coordenadas UTM arqueta toma mostras, FUSO 29. Fecais:

X: 546.715,02

Y: 4.799.651,05

6.- Coordenadas UTM da conexión de fecais ao saneamento municipal (pozo con división de fecais e pluviais).

X: 546.710,592

Y: 4.799.692,54

7.- Coordenadas UTM, pozo rexistro pluviais núm. 1:

X: 546.618,517

Y:4.799.577,967

8.- Coordenadas UTM pozo rexistro pluviais núm. 2:

X: 546.745,782

Y: 4.799.643,639

9.- Volume auga consumida da Rede Pública Municipal:

2.170 m3/ano.

10.- Valores límite de emisión e parámetros para controlar:

Valor medio diario máximo

Valor instantáneo máximo

Aceites e graxas

100 mg/l

150 mg/l

Amoníaco

30 mg/l

30 mg/l

Condutividade

5.000 mµ/cm

5.000 mµ/cm

DBO5

500 mgO2/l

1.000 mgO2/l

DQO

1.000 mgO2/l

1.500 mgO2/l

Hidrocarburos totais

15 mg/l

15 mg/l

Nitróxeno amoniacal

30 mg N/l

50 mg N/l

Nitróxeno Kheldajl

40 mg N/l

50 mg N/l

PH

5,5 - 9

5,5 - 9

Sólidos en suspensión

500 mg/l

1.000 mg/l

Tensioactivos aniónicos

6 mg MBAS/l

20 mg MBAS/l

11.- Horario de vertedura:

Caudal uniforme todo o ano en horario de apertura do establecemento.

12.- Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:

Segundo a documentación achegada, xa cumpre a instalación neste momento os límites de vertedura.

13.- Programa de control de verteduras:

. A toma de mostras e as analíticas teñen que ser efectuadas por un laboratorio homologado.

. Cada trimestre efectuarase unha analítica dos elementos do apartado 10) desta autorización.

. Cada ano enviaránselle ao concello as analíticas trimestrais e anuais efectuadas.

. Cada ano enviaránselle ao concello os documentos de xestión de servizos da arqueta separadora de aceites e graxas da cafetería.

. Cada ano enviaránselle ao concello os datos do consumo anual de auga da rede pública.

14.- Prazo e validez do permiso de vertedura:

Oito anos desde a notificación da concesión da autorización de vertedura, salvo os condicionantes do artigo 15.5 da citada ordenanza municipal.

15.- Actuacións e medidas que deben ser postas en caso de urxencia:

Se unha analítica das recollidas trimestralmente dá valores por encima dos límites, deberáselle comunicar, antes de 24 horas, ao concello para tomar as medidas oportunas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión