Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

PIZZERIAS CAMBALACHE, S.L. (Pocomaco)

Condicións do servizo

1.- Titular:

PIZZERIAS CAMBALACHE, S.L.

NIF: B 15203979

2.- Enderezo da instalación:

Polígono de Pocomaco, rúa 2 - Parcela 39 - Nave 1

15190 A Coruña

3.- Actividade:

Fabricación de pastas alimenticias

CNAE: 1073

RDPH: Clase 1. Grupo 3. Sector industrial alimentación

4.- Tipoloxía de augas residuais:

- Vertedura composta por augas fecais sanitarias, procedentes da restauración, limpeza

- Vertedura de augas pluviais

5.- Coordenadas UTM arqueta toma mostras número 1:

X: 545.964

Y: 4.797.662

6.- Coordenadas UTM da conexión de fecais ao Saneamento Municipal número 1:

X: 545.969

Y: 4.797.658

7.- Coordenadas UTM arqueta toma mostras número 2:

X:545.972

Y: 4.797.664

8.- Coordenadas UTM da conexión de fecais ao Saneamento Municipal número 2:

X: 545.985

Y: 4.797.663

9.- Volume auga consumida da Rede Pública Municipal:

2.169 m3/ano

10.- Valores límite de emisión e parámetros para controlar:

Valor medio diario máximo

Valor instantáneo máximo

Aceites e graxas

100 mg/l

150 mg/l

Amoníaco

30 mg/l

30 mg/l

Condutividade

5.000 mµ/cm

5.000 mµ/cm

DBO5

500 mgO2/l

1.000 mgO2/l

DQO

1.000 mgO2/l

1.500 mgO2/l

Nitróxeno amoniacal

30 mg N/l

50 mg N/l

Nitróxeno Kheldajl

40 mg N/l

50 mg N/l

PH

5,5 - 9

5,5 - 9

Sólidos en suspensión

500 mg/l

1.000 mg/l

Tensioactivos aniónicos

6 mg MBAS/l

20 mg MBAS/l

11.- Horario de vertedura:

Caudal uniforme todo o ano en horario de apertura do establecemento.

12.- Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:

Segundo a documentación achegada, xa cumpre a instalación neste momento os límites do apartado 10, excepto nos valores dos sólidos en suspensión, que superan os valores medios diarios máximos, estando dentro do valor instantáneo máximo.

Concédeselles o prazo DUN MES para que executen as melloras posibles dispoñibles, volvendo realizar unha analítica deste valor. Se esta non dese conforme, deberíase executar unha medida en continuo de 24 horas.

13.- Programa de control de verteduras:

. A toma de mostras e as analíticas, teñen que ser efectuadas por laboratorio homologado.

. Cada trimestre, efectuarase unha analítica dos elementos do apartado 9) desta autorización.

. Cada ano enviaránselle ao Concello as analíticas trimestrais e anuais efectuadas.

. Cada ano enviaránselle ao Concello os documentos da arqueta separadora de aceites e graxas.

. Cada ano enviaránsenlle ao Concello os datos do consumo anual de auga da rede pública.

14.- Prazo e validez do permiso de vertedura:

Oito anos desde a notificación da concesión da autorización de vertedura, salvo os condicionantes do artigo 15.5 da citada ordenanza municipal.

15.- Actuacións e medidas que deben ser postas en caso de urxencia:

Se unha analítica das recollidas trimestralmente dá valores por encima dos límites, deberáselle comunicar, antes de 24 horas ao concello para tomar as medidas oportunas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión