Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Aventura coas focas

Sesións para febreiro, marzo e abril de 2026

A quen vai dirixido?:

A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento.

Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de 2 menores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/02/2026 ata o 26/04/2026

Horario:

Das 11:00 ás 12:30 horas, os días:

  • 21, 22 e 28 de febreiro
  • 1, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de marzo
  • 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de abril

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

192 prazas en total, 12 prazas por sesión

Prezo:

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.

Requisitos:

Require reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 9.00 horas do xoves 5 de febreiro, premendo aquí.

O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións de febreiro, marzo e abril de 2026 da actividade «Aventura coas focas».

Trátase dun taller de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade participarase na preparación dos alimentos e accederase ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de 2 menores.

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderán reservar a partir do xoves 5 de febreiro ás 9.00 da mañá.

As entradas aboaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión