6 anos en cartel. Premio de Rojas 2012 ao Mellor Espectáculo Familiar
Para público en xeral
04/03/2017
Xa rematou
18 horas
Dorothy vivía na aburrida Kansas coa súa tía Emma e os seus amigos Hunk, Leo e Oliver ata que, de súpeto, un furacán transportouna ao máxico mundo de Oz. Para volver ao seu fogar, a Fada Glinda guiou a Dorothy polo camiño de baldosas amarelas ata Ciudad Esmeralda, onde vive o Mago de Oz, que é capaz de conceder calquera desexo.
Polo camiño, atopou un espantallo sen cerebro, un home de folla de lata sen corazón e un león covarde que se uniron a ela para pedirlle ao mago aquilo do que crían carecer. Coa axuda da fada Glinda e os seus novos amigos, Dorothy logrou derrotar a malvada bruxa do Oeste e chegou ata o Mago de Oz. Grazas a el, entendeu que a maxia de verdade levámola dentro, e que tiña no seu corazón a capacidade para cumprir os seus desexos e de volver a Oz sempre que lle apeteza para vivir as nosas aventuras.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible