Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Cando:

28 de xullo de 2024

A terceira xornada da recollida de emerxencia do lixo rematou coa retirada de 73 toneladas de orgánicos, inorgánicos e tamén voluminosos

Ao igual que nos dous días anteriores, ningún traballador secundou a folga, segundo a concesionaria. Malia todo, as porcentaxes de lixo recollido polos operarios da concesionaria foron, novamente, moi baixas ou inexistentes

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento este domingo do estado actual da recollida de lixo, dos actos vandálicos que se están a producir e do funcionamento da empresa de emerxencia contratada para reforzar a recollida do lixo, que acometeu onte a súa terceira xornada de traballos.

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na súa terceira xornada a pé de rúa, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolliu un total de 73,46 toneladas de lixo orgánico, inorgánico e tamén voluminosos, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 198 toneladas de lixo, atendendo ao cómputo total correspondente ao xoves, venres e sábado desta semana.

Balance de incidencias no turno de noite

No pasado turno de noite rexistráronse unha incidencia asociada á queima de contenedores. Foi, concretamente, á primeira hora deste domingo 28 (9.20 horas) na rúa Lázaro Cárdenas, no barrio de Eirís, onde os profesionais do servizo municipal de Bombeiros interviron ante o incendio de dous colectores de superficie, con lixo acumulado. Foi preciso cortar a rúa durante dez minutos durante a actuación de extinción do lume.

Ningún traballador da empresa concesionaria secundou a folga

Ao igual que nos dous días anteriores, cando estaban convocadas sendas xornadas de folga no servizo de recollida de lixo, ningún traballador secundou a folga, segundo a concesionaria.

Malia todo, as porcentaxes de lixo recollido polos operarios da concesionaria foron, novamente, moi baixas ou inexistentes, cun claro impacto en zonas como a Sagrada Familia, O Castrillón, Os Castros, Matogrande - Eirís e a área correspondente a Mesoiro, Feáns e Valaire.

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

Monte Alto: 20%

Cidade Vella: 75%

Pescaría - Centro: 70%

Os Rosales - Labañou: 10%

Estadio: 65%

Ventorrillo - Agra do Orzán: 25%

Sagrada Familia: 0%

A Sardiñeira - Elviña: 15%

Os Mallos: 100%

O Castrillón: 0%

Os Castros: 0%

Matogrande - Eirís: 0%

Mesoiro - Feáns - Valaire: 0%

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión