Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Cando:

3 de agosto de 2007

Tamén se aprobou un plan de mellora para esta zona

A Xunta de Goberno declara Zona Acusticamente Saturada 22 rúas do contorno do Orzán

A Xunta de Goberno aprobou a declaración de 22 rúas da zona do Orzán como Zona Acusticamente Saturada, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños.

A Xunta aprobou declarar como Zona Acusticamente Saturada (ZAS) as seguintes rúas da cidade:

  • Rúa Alta dende a avenida de Pedro Barrié de la Maza ata a rúa do Orzán
  • Rúa do Orzán dende a intersección con Rúa Alta ata a praza de Pintor Álvarez de Sotomayor
  • Avenida de Pedro Barrié de la Maza entre as rotondas da intersección con Rúa Alta e a da intersección coa rúa do Sol
  • Rúa de San Andrés dende a intersección coa rúa do Sol e a Estreita de San Andrés
  • Rúa da Cordonería
  • Travesía da Cordonería
  • Rúa de Juan Canalejo
  • Rúa do Sol
  • Rúa de Panaderas e praza de Pintor Álvarez Sotomayor
  • Rúa do Corralón
  • Rúa do Herrador
  • Rúa da Cordelería dende Rúa Alta ata a rúa do Orzán
  • Rúa Cancela
  • Rúa Tahona
  • Rúa de Argudín Bolivar e praza de Fuente Luisa
  • Rúa Pasadizo do Orzán
  • Rúa Ciega
  • Rúa Fita
  • Travesía do Orzán
  • Rúa de San Nicolás entre a rúa do Orzán e a de Cordonería.
  • Tamén se aproba o plan de mellora para esta zona, que inclúe medidas para impedir a concesión de novas licenzas para locais potencialmente conflitivos, revitalización dos plans de inspección técnica dos locais de ocio, fomento da redución de categorías dos locais, favorecer o esponxamento de locais e outras medidas que permitan mellorar os illamentos acústicos dos edificios residenciais.

    Igualmente, apróbase un plan preventivo para evitar que esta situación se traslade a outros lugares da cidade. Ademais, créase unha comisión de seguimento do plan de mellora, formada polos responsables das áreas de Sostenibilidade, Urbanismo e Policía ou persoas nas que deleguen, que se reunirán unha vez ao mes para avaliar os avances. Esta comisión, polo menos unha vez ao ano, abrirase á participación de representantes veciñais e dos titulares dos locais afectados. Este expediente exponse a información pública durante 30 días para posibles alegacións.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión