Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Cando:

30 de xuño de 2007

As praias da cidade locen xa a bandeira azul que garante a súa calidade

A concelleira de Medio Ambiente, Nieves Vázquez, asistiu ao izado da bandeira azul na praia de Riazor, distinción que recoñece a calidade do areal, das augas e dos servizos que se ofrecen. Ademais, Riazor conta este ano coa bandeira Ecoplaya, que recoñece a recuperación do litoral e a súa calidade ambiental.

A Coruña conta este ano cun total de cinco praias con bandeira azul, como son Orzán-Matadoiro, Riazor, San Amaro, As Lapas e Oza. Así, o 80% do litoral coruñés conta con bandeira azul. Ademais, todas as praias coruñesas están certificadas coa ISO 14.000, situación que poucos areais españois teñen.
Por outro lado, o Concello comezou o 15 de xuño o dispositivo especial de vixilancia en todas as praias da cidade. Así, hai servizo de vixilancia nos areais coruñeses das Lapas, San Amaro, Oza, Santa Cristina, Riazor, Orzán e Matadoiro, aínda que nestas tres últimas o operativo xa se puxo en marcha o día 1 de xuño. A temporada estará aberta ata o 15 de setembro.

O operativo está formado por 74 persoas e cos seguintes horarios de vixilancia:

      -Riazor, Orzán e Matadoiro, de 10 a 22 horas, todos os días.

      -As Lapas, San Amaro, Oza e Santa Cristina, de 12 a 20 horas, todos os días.

O equipo que vixía as praias está formado por oito xefes de equipo, cincuenta socorristas acuáticos, dez socorristas sanitarios e seis condutores. En cada unha das praias da cidade hai un posto de salvamento, material sanitario, material de rescate (embarcacións, aros salvavidas, etc.), así como material para atender as situacións de urxencia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión