Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Cando:

5 de abril de 2007

Máis de 30 murais artísticos embelecen distintos espazos da cidade

O Concello, a través da concellería de Medio Ambiente que dirixe o edil Florencio Cardador, comezou o pasado ano un programa para embelecer distintos espazos da cidade e que consiste na creación de murais artísticos, que realizaron unha vintena de artistas e creadores. En total, creáronse 33 murais en diversas zonas da cidade, ocupando 2.200 metros cadrados.

O obxectivo é recuperar zonas onde abundan as pintadas, así como paredes e muros que pola súa localización restan luz e vistosidade ás rúas e lugares públicos dos barrios. O programa continúa, nestes momentos, co proxecto de crear dous novos murais. O primeiro, na rúa Mantelería, nunha parede de 40 metros cadrados. O seguinte, na rúa Brasil, nunha superficie de 110 metros cadrados.

Entre os 33 murais realizados encóntranse os seguintes: Paseo Marítimo-Os Castros (obra de Pablo Outón), soportais CEIP Eusebio da Guarda (obra de Ana Cecilia), lavadoiro rúa Falperra e praza da Galera (obras de J. Jaspe), rúa Nicaragua (Xacobe Sánchez Tembleque), escaleiras Avenida Primo de Rivera (Israel), Paseo Marítimo-Reitorado (Escola Pablo Picasso), Juan Flórez, CEIP Labaca (Marcos Lamas), fronte Estaleiros Oza (David Barrio), rúa Caballeros-Ronda de Outeiro (Iván Cabello), Túnel Elviña, fronte Novos Ministerios (Roque Pereira), muro Playa Club (Pedro Alonso), rúa Costa Rica (David Canosa), entrada parque de San Pedro (Víctor Incio), aseos Xardíns Méndez Núñez (Pablo Outón e outros).

Desta forma, preténdese eliminar paredes ocupadas por pintadas, dar colorido a muros que distorsionan a imaxe das rúas e favorecer a creación dos artistas da cidade, así como dos estudantes de Belas Artes e Artes Plásticas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión