22 de xaneiro de 2007
Mellora dos accesos á praia
O Concello, a través da área de Infraestruturas, sacou a concurso a contratación das obras comprendidas no proxecto de substitución do pavimento no Paseo Marítimo, na plataforma da praia de Riazor, cun investimento de 90.990,83 euros e un prazo de execución de tres meses.
O proxecto ten como principal finalidade renovar o pavimento degradado da plataforma de Riazor, que presenta danos polos vehículos de carga e descarga que empregan esta vía peonil. Así, preténdese a reposición de 1.749,20 metros cadrados de pavimento con formigón de 15 centímetros de espesor.
As empresas interesadas en acometer esta actuación teñen un prazo dun mes para presentar as súas ofertas.
Desta maneira, o goberno municipal continúa o plan de renovación de rúas e vías da cidade, co fin de mellorar as zonas de tránsito, tanto para vehículos como para peóns. Así mesmo, esta actuación permite ofrecer unha mellor imaxe deste espazo tan empregado polos cidadáns e que dá acceso á praia de Riazor.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible