Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de abril de 2023

O Concello da Coruña localiza 47 espazos da cidade viables para a potencial implantación de enerxías renovables

A instalacións de placas fotovoltaicas e xeradores eólicos na cidade evitaría a emisión de 4.010 toneladas de CO2 ao ano

O Concello da Coruña vén de elaborar un estudo de enxeñaría consolidado para a posible implantación de enerxías renovables nas infraestruturas municipais da cidade.

En total, levouse a cabo unha análise de 198 espazos, dos cales 47 foron catalogados como viables, desde o punto de visto enerxético, para a implantación de sistemas de xeración de enerxías renovables. O estudo ten como obxectivo localizar os espazos que permitan explorar as posibilidades de xeración de enerxía reducindo emisións e tamén gasto enerxético.

O estudo tamén sinala que hai outras 28 ubicacións nas que se podería actuar pero será necesario recoller máis información sobre os seus consumos propios e asociados. Este estudo ten un carácter preliminar e agora o Concello estudará en detalle os resultados e os datos analizados do consumo eléctrico coa fin de analizar a viabilidade dos enclaves.

Segundo os datos analizados, de levarse a cabo a instalación de 41 puntos de xeración de enerxías fotovoltaicas estímase que podería acadarse unha potencia eléctrica coa que se evitaría a emisión de 4.010 toneladas de CO2 ao ano, cunha potencia instalada de 1,38 MWp. Ademais, localízanse outros seis puntos que serían viables para a instalación de xeneradores de enerxía eólica, que poderían producir 15,33 MWh/ano.

Na fase inicial deste proceso estudáronse as alternativas de xeración, os recursos dispoñibles, e se calculou o potencial de xeración renovable dentro dun escenario de máximos. A continuación, calculouse a demanda e o seu reparto, axustouse o deseño á demanda prevista e realizouse un estudo económico preliminar. Só a enerxía fotovoltaica serviría para abastecer as necesidades de suministro de 122 dependencias públicas.  

O estudo demostra o potencial da cidade para a instalación de sistemas de enerxía verde e alternativa. Agora estudaranse as alternativas para establecer se resultan viables en cada caso e para proxectar as accións precisas que permitan reducir os consumos e o abastecemento a base de enerxías limpas. 

Puntos para a potencial instalación de sistemas de enerxías renovables

  • C.E.I.P. Alborada
  • C.E.I.P. Concepcion Arenal
  • C.E.I.P. Curros Enríquez
  • C.E.I.P. Juan Fernández Latorre
  • C.E.I.P. Manuel Murguía
  • C.E.I.P. Maria Barbeito
  • C.E.I.P. Montel Touzet
  • C.E.I.P. Nosa Señora do Rosario
  • C.E.I.P. Raquel Camacho
  • C.E.I.P. Sagrada Familia
  • C.E.I.P. San Francisco Javier
  • C.E.I.P. San Pedro de Visma
  • C.E.I.P. Sanjurjo de Carricarte
  • C.E.I.P. Víctor López Seoane
  • C.E.I.P. Wenceslao Fernández Flórez
  • Centro Cívico Municipal A Silva - Ventorrillo
  • Centro Cívico Municipal Os Mallos
  • Centro Cívico Municipal Monelos
  • Centro Cívico Municipal Monte Alto
  • Centro Cívico Municipal Palavea
  • Centro Cívico Municipal San Pedro de Visma
  • Centro Cívico Veciñal Feáns
  • Centro Municipal de Animais de Compañía - Bens
  • Centro Municipal Salvador de Madariaga
  • Cidade Deportiva de Riazor
  • Complexo Polideportivo de San Diego
  • Edificio con Locais en Glasgow 5-7
  • E.I. Luís Seoane
  • Fundación Luís Seoane
  • Kiosco Alfonso
  • Mercado Municipal de Elviña
  • Mercado Municipal de Palavea
  • Monte de San Pedro
  • Parque de Bombeiros
  • Policía Local (Xefatura Miguel Servet)
  • Polideportivo de Labañou
  • Polideportivo do Barrio das Flores
  • Polideportivo do Ventorrillo
  • Polideportivo Monte Alto
  • Polideportivo Sagrada Familia
  • Polideportivo San Francisco Javier
  • Servizo de Promoción Económica e Emprego

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión