18 de xullo de 2023
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, supervisou esta mañá o inicio da campaña de sensibilización nas praias da cidade
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, supervisou esta mañá o inicio da campaña de reciclaxe 'A túa lata ao amarelo', promovida de maneira conxunta polo Concello e Cada Lata Cuenta. O obxectivo desta iniciativa é concienciar sobre a reciclaxe de latas nas praias da cidade e promover un turismo sistible e limpo.
Noemí Díaz destacou que a cidade é unha "referencia pola calidade das súas praias, tal e como indican as cinco bandeiras azuis coas que contamos". "O Goberno de Inés Rey continúa avanzando nas súas políticas medioambientais da man de empresas e entidades como Cada Lata Cuenta, coa que renovamos un ano máis o noso compromiso para conseguir uns areais máis limpos", indicou Díaz.
A edil estivo acompañada polo director de Cada Lata Cuenta, Pablo García, que destacou que na Coruña recóllese un 25% máis de envases desde o 2020. Con respecto aos datos da campaña realizada o ano pasado, na Coruña o 85% das persoas usuarias utilizan o colector adecuado ao depositar as súas latas de bebidas, un dato que se incrementou con respecto ao 2021.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible