Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xaneiro de 2023

O parque do Eirón recupera 1.500 metros cadrados de zonas verdes e contribuirá á accesibilidade e posta en valor das murallas históricas

O proxecto busca revitalizar un espazo emblemático da cidade, xunto á Fundación Luis Seoane

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, comezou a finais de decembro os traballos para crear un novo espazo de lecer na contorna da muralla da Coruña, o chamado parque do Eirón. O lugar, actualmente sen uso, está situado entre a Fundación Luís Seoane e o Hospital Abente e Lago. O proxecto, redactado polo arquitecto Fermín González Blanco, contou coa participación de educadores e nenos e nenas participantes nos obradoiros Nenoarquitectura da Fundación Luís Seoane. A recuperación do parque Eirón suporá a creación dunha nova zona verde de case 1.500 metros cadrados na que se ubicarán fresnos, camelios, olmos e arces co conseguinte mobiliario urbano.

Este novo espazo atópase na marxe esquerda da rúa San Francisco, anexo á fachada leste da Fundación Luís Seoane, na zona de influencia e protección da muralla defensiva coruñesa, que arrodeaba a Cidade Vella. Ata o de agora atopábase baleiro e desocupado. Todas as intervencións que se están a levar a cabo realízanse tomando as medidas oportunas de protección deste ben patrimonial da cidade, contribuíndo tamén a facelo accesible aos cidadáns. 

Un dos obxectivos desta actuación é instaurar unha continuidade peonil na parte superior da muralla. "Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey supón un paso máis na posta en valor dos nosos símbolos, como é o caso da muralla. Continuamos sumando espazos para a cidadanía", sinalou Francisco Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade. 

O novo espazo de lecer será totalmente accesible. Os desniveis entre as distintas plataformas resolveranse mediante bancos de granito que se transformarán, en tramos puntuais, en escaleiras que favorecerán esa conexión peonil. O espazo deseñouse pensando no seu uso por parte de persoas de todas as idades e contará con diferentes zonas verdes e árbores repartidas polo conxunto. 

O prazo de execución será de seis meses e o seu orzamento ascende a 220.000 euros. O parque de Eirón supón unha nova mostra do compromiso do Goberno de Inés Rey coa Cidade Vella e os seus símbolos. Recentemente reabriuse ao público o xardín de San Carlos, renovando o seu carácter botánico e recuperando o seu trazado orixinal, e está en marcha a rehabilitación da Casa Veeduría.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión