Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Cando:

12 de xullo de 2007

Os postos de calidade do aire converteranse en centros de divulgación medioambiental

Os postos de calidade do aire, da concellería de Medio Ambiente que dirixe a edil Nieves Vázquez, mudarán o seu aspecto para achegarse máis aos cidadáns. Aproveitarase o espazo exterior para incorporar contidos de carácter divulgativo, que se complementarán con paneis explicativos e con datos en tempo real.

Na actualidade son xa centos os mozos que visitan as estacións dentro do programa "O aire que nos rodea" e que a partir de agora verán reforzada a súa formación con esta actuación.

As estacións cumprirán deste modo un dobre obxectivo: o de recadar información sobre a calidade do aire da cidade e o de ser puntos de divulgación ambiental do noso municipio.

A medida directa da calidade do aire está garantida coa posta en marcha de Rede Municipal de Vixilancia da Calidade do Aire, que conta con estacións no parque de Santa Margarida e na praza Pablo Iglesias, que complementará a que xa dispón a Xunta de Galicia.

As características fundamentais destas estacións son as seguintes:

  1. Estación de Santa Margarida: Trátase dunha estación de fondo urbano con influencia de tráfico, na que se analizan óxidos de xofre, óxidos de nitróxeno, ozono, partículas PM10, PM2.5 e PM1, monóxido de carbono e parámetros meteorolóxicos (velocidade e dirección do vento, temperatura, presión barométrica, radiación solar e pluviometría) e ruído.
  2. Estación de Pablo Iglesias : Estación de fondo urbano con influencia industrial (Porto da Coruña) na que se miden idénticos parámetros que na de Santa Margarida, ademais de hidrocarburos BTX.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión