Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Ábrese o prazo para presentar alegacións á modificación do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestáis do Concello da Coruña

Dende o 19 de decembro e durante trinta días hábiles as persoas interesadas poderán presentar alegacións ou suxestións ao texto que modifica o actual plan de prevención de incendios

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/12/2025 ata o 03/02/2026

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Anuncio BOP 18.12.2025 (101 KB)

O Pleno do Concello da Coruña, en sesión ordinaria de 11 de decembro do 2025, acordou aprobar inicialmente e por unanimidade -co voto a favor dos grupos municipais do Partido Popular (12 votos), Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (11 votos) e Bloque Nacionalista Galego (4 votos)-,  a modificación do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestáis do Concello da Coruña, o que suporá a ampliación da extensión da faixa de prevención de incendios forestáis no municipio.

A modificación actual, froito dun traballo de colaboración entre o Concello da Coruña, Servizos Agrarios, SA (Seaga) e o Instituto de Estudos do Territorio (IET), suporá que o número de parcelas afectadas pola faixa  que perimetra sólo urbano, urbanizable e de núcleo rural, ademáis de edificacións illadas destinadas ás persoas en sólo rústico localizadas a menos de 400 metros do monte e edificacións destinadas ás persoas, vivendas illadas, urbanizacións, vertedoiros, gasoliñeiras, parques e instalacións industriais localizadas a menos de 400 metros do monte, pase de 1.192 a 2.551. Entre elas se inclúen as exentas de aplicación por estar afectadas polo disposto na Disposición Transitoria quinta da Lei 3/2007, do 9 de abril,  de Prevención e defensa contra os incendios forestáis de Galicia ou por ser perimetrais ao solo clasificado como urbanizable, cuxo planeamento urbanístico non foi aínda desenvolvido.

O plan inicial elaborado por Seaga, ó abeiro do convenio subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga para a consolidación dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias e ao cal se adherírase o Concello da Coruña, entrou en vigor o 14.04.2020. 

A aprobación inicial da modificación actual faise pública para que as persoas interesadas poidan presentar por escrito, dentro do prazo de trinta (30) días a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (Boletín Oficial da Provincia núm. 242 do 18.12.2025), as alegacións e suxestións que estimen pertinentes. Para tal fin poderán examinar o texto da modificación nas oficinas do Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña, sitas na rúa Pedro Ferrer s/n (Edificio Casa da Auga, 5º andar) en días hábiles de 09:00 a 14:00 h, ou ben a través da web do Servizo de Medio Ambiente ( Descargas documentos e informes ambientais , Incendios, Modificación_PMDIF_2025.pdf)

As alegacións e propostas poderán presentarse en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das Administracións públicas.

No caso de que non se presenten reclamacións nin suxestións, entenderase definitivamente aprobada modificación. A aprobación definitiva e o texto final serán publicados no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Pódese consultar o texto íntegro do documento sometido a información pública tamén no taboleiro de edictos do Concello da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión