Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

SANATORIO QUIRÚRGICO MODELO, S.L.

Condicións do servizo

1.- Titular:

SANATORIO QUIRÚRGICO MODELO, S.L.

R/ Vicerrei Osorio, 30

15011 A Coruña

CIF: B- 15004849

2.- Enderezo da instalación:

O mesmo.

3.- Tipo de actividade:

Hospital

CNAE: 86.10

RDPH: Clase1. Grupo 0. Servizos

4.- Tipoloxía de augas residuais:

- Vertedura composta por augas fecais sanitarias, con augas procedentes da cafetería, cociña, lavandería, limpeza etc

- Vertedura de augas pluviais

5.- O hospital data do ano 1948, dentro do barrio de Cidade Xardín, de 1922. O sistema de saneamento de momento é unitario.

Ten catro acometidas:

  1. Acometida núm. 1: é a máis representativa xa que recolle a rede orixinal do hospital, mais a lavandería, a cociña e o laboratorio. A arqueta de toma de mostras executouse sobre esta acometida, que dá á rúa Eduardo Dato.

  2. Acometida núm. 2: é igual de representativa que a anterior, pero non colle nin a lavandería nin a cociña. Acomete á rúa Eduardo Dato.

  3. Acometida núm. 3: recolle a ampliación do ano 1999 e acomete á rúa Andrés Martínez Salazar, mediante un bombeo na planta soto 2.

  4. Acometida núm. 4: só trasega as augas fecais dun aseo en planta baixa. Tamén acomete por gravidade á rúa Andrés Martínez Salazar.

    A rede que provén da cociña dispón dunha nova arqueta separadora de aceites e graxas.

6.- Coordenadas UTM arqueta toma mostras.:

Atópase diante do mostrador da recepción da sala de extraccións en urxencias, segundo a documentación achegada.

7.- Coordenadas UTM da conexión de fecais ao saneamento municipal. Fuso 29 T. Acometida 1

X: 547072

Y: 4.801.688

8.- Coordenadas UTM, da conexión ao saneamento municipal. Acometida 2:

X:547074

Y: 4.801.688

9.- Volume auga consumida da Rede Pública Municipal:

Auga consumida: 7.500 m3/ano.

Volume vertido estimado : @ 6.375 m3/ano.

10.- Valores límite de emisión e parámetros para controlar:

Valor medio diario máximo

Valor instantáneo máximo

Aceites e graxas

100 mg/l

150 mg/l

Amoníaco

30 mg/l

30 mg/l

Condutividade

5.000 mµ/cm

5.000 mµ/cm

DBO5

500 mgO2/l

1.000 mgO2/l

DQO

1.000 mgO2/l

1.500 mgO2/l

Nitróxeno amoniacal

30 mg N/l

50 mg N/l

Nitróxeno Kheldajl

40 mg N/l

50 mg N/l

PH

5,5 - 9

5,5 - 9

Sólidos en suspensión

500 mg/l

1.000 mg/l

Tensioactivos aniónicos

6 mg MBAS/l

20 mg MBAS/l

Fosfatos

60 mg/l

60 mg/l

Fósforo total

40 mg P/l

40 mg P/l

Sulfatos

400 mg SO4/l

1.000 mg SO4/l

11.- Horario de vertedura:

Caudal uniforme todo o ano en horario de apertura do establecemento.

12.- Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:

Segundo a documentación achegada, xa cumpre a instalación neste momento os límites de vertedura.

13.- Programa de control de verteduras:

. A toma de mostras e as analíticas terán que ser efectuadas por un laboratorio homologado.

. Cada trimestre efectuarase unha analítica dos elementos do apartado 10) desta autorización, sobre a acometida núm. 1, na arqueta de toma de mostras.

. Cada ano enviaránselle ao concello as analíticas trimestrais e anuais efectuadas.

. Cada ano enviaránselle ao concello os documentos de xestión de servizos da arqueta separadora de aceites e graxas.

. Cada ano enviaránselle ao concello os datos do consumo anual de auga da rede pública.

14.- Prazo e validez do permiso de vertedura:

Oito anos desde a notificación da concesión da Autorización de Vertedura, salvo os condicionantes do artigo 15.5 da citada ordenanza municipal.

15.- Actuacións e medidas que deben ser postas en caso de urxencia:

Se unha analítica das recollidas trimestralmente dá valores por encima dos límites, deberáselle comunicar, antes de 24 horas, ao concello para tomar as medidas oportunas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión