Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Tribunal Económico Administrativo Municipal (TEAM)

É o órgano que resolve as reclamacións económico-administrativas do ámbito municipal. Este órgano funciona con criterios de total independencia respecto da revisión que fai dos actos ditados polo Concello.

O seu obxectivo é axilizar a defensa dos dereitos da cidadanía e das empresas no ámbito tributario e no cobro de calquera ingreso de dereito público, e na súa consecuencia reducir a conflitividade xurídica nos xulgados.

A súa existencia regúlase no artigo 137 da Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do Goberno, no seu título X, que recolle que existirá un órgano especializado nas mencionadas funcións sempre que o municipio conte cun determinado número de habitantes (máis de 250.000 habitantes) ou se son capitais de provincia cuxa poboación sexa superior aos 175.000 habitantes, caso do municipio da Coruña (ver artigo 121).

Esta constituído por un número impar de membros, cun mínimo de tres, designados polo Pleno, normalmente por proposta dos grupos políticos municipais.

No Concello da Coruña compóñeno unha presidencia e dúas vocalías.

  • Presidente: Fernando José Seoane Prado
  • Vogal: José Antonio Gómez García (por proposta do PP)
  • Vogal: Isidro Frías Pinedo (por proposta do PSOE)

Podes atopar aquí + INFORMACIÓN

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión