15 de septiembre de 2026
As actividades gratuítas abarcan numerosas temáticas e teñen como obxectivo ofrecer novas ferramentas educativas e de divulgación ao alumnado dos centros da cidade
O concello abriu hoxe o prazo de inscrición da maioría das decenas de actividades incluídas na programación deste curso de Coruña Educa, unha iniciativa coa que busca ofrecerlles actividades divulgativas e entretidas aos colexios e institutos da cidade, coas propostas separadas en máis dunha quincena de bloques temáticos.
O plan formativo implementado polo Goberno de Inés Rey complementa e reforza os currículos educativos dos centros dun xeito próximo e ameno para o alumnado. A pesar de que hoxe se inicia o prazo de inscrición do groso da programación, algunhas actividades seguen prazos diferentes. Os centros educativos interesados poderán formalizar a súa participación a través da web educativa do Concello www.coruna.gal/educacion.
"Con Coruña Educa despregamos unha gran oferta de actividades que cobren moi diversas áreas. É unha programación pensada minuciosamente polos servizos de Educación e en conversa cos pais e nais e o persoal dos centros para adaptármonos ás necesidades actuais dos nenos e nenas da Coruña. Trátase, en definitiva, de espertar o interese en cuestións fundamentais para o seu desenvolvemento académico e persoal", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.
Actividades de Coruña Educa 2026-2027:
Coruña de Aventura
A Coruña das ciencias
Día da Ciencia na Rúa
Visitas escolares a los Museos Científicos Coruñeses 2026-27
Taller y concurso gallego de robótica "La magia de la robótica" 2026-27
A Coruña Cultural
A Coruña Tardes
A Coruña no Mundo
A Coruña Participa
A Coruña Orienta
Servizos do Centro Municipal de Información Xuvenil (visitas a centros, visitas aos espazos de información xuvenil, información sobre recursos de mobilidade na mocidade e visita á nave do Metrosidero).
A Coruña Linguas
A Coruña Vial
Actividade de mobilidade segura compartida con Avoas e avós e netos e netas
A mobilidade na adolescencia
Concurso de cartas y dibujo "Ahora vamos andando al cole" 2026-27
A Coruña Saúde
Free Style People School: prevención del acoso escolar 2026-27
Axente Tutor. Acoso escolar e prevención das adiccións
La red y sus redes. Prevención de riesgos asociados al uso de internet 2026-27
Con-tacto con palabras: promoción de la salud mental en el ámbito escolar 2026-27
Fuga de cerebros: habilidades sociales frente a las adicciones 2026-27
Eso ya no es una broma: prevención de acoso escolar y ciberacoso 2026-27
Taller de prevención en el uso de Internet, redes sociales y juegos interactivos 2026-27
La cara oculta de la lata: bebidas energéticas y alcohol 2026-27
Cortinas de humo: riegos del vapeo y el consumo de tabaco 2026-27
A Coruña Consumo
A Coruña Ambiental
A Coruña en Igualdade
Taller: aprender igualdad creando I (Educación Primaria) 2026-27
Foro de debate: pensar en la igualdad y diversidad con amplitud de miras 2026-27
Accións educativas
También te puede interesar

8 de septiembre de 2026

7 de septiembre de 2026

2 de septiembre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible