Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de septiembre de 2026

O Concello abre o prazo de inscricións para as actividades da programación de Coruña Educa para o curso 2026-2027

As actividades gratuítas abarcan numerosas temáticas e teñen como obxectivo ofrecer novas ferramentas educativas e de divulgación ao alumnado dos centros da cidade

O concello abriu hoxe o prazo de inscrición da maioría das decenas de actividades incluídas na programación deste curso de Coruña Educa, unha iniciativa coa que busca ofrecerlles actividades divulgativas e entretidas aos colexios e institutos da cidade, coas propostas separadas en máis dunha quincena de bloques temáticos.

O plan formativo implementado polo Goberno de Inés Rey complementa e reforza os currículos educativos dos centros dun xeito próximo e ameno para o alumnado. A pesar de que hoxe se inicia o prazo de inscrición do groso da programación, algunhas actividades seguen prazos diferentes. Os centros educativos interesados poderán formalizar a súa participación a través da web educativa do Concello www.coruna.gal/educacion.

"Con Coruña Educa despregamos unha gran oferta de actividades que cobren moi diversas áreas. É unha programación pensada minuciosamente polos servizos de Educación e en conversa cos pais e nais e o persoal dos centros para adaptármonos ás necesidades actuais dos nenos e nenas da Coruña. Trátase, en definitiva, de espertar o interese en cuestións fundamentais para o seu desenvolvemento académico e persoal", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

Actividades de Coruña Educa 2026-2027:

Coruña de Aventura

A Coruña das ciencias

A Coruña Cultural

A Coruña Tardes

A Coruña no Mundo

A Coruña Participa

A Coruña Orienta

A Coruña Linguas

A Coruña Vial

A Coruña Saúde 

A Coruña Consumo

A Coruña Ambiental

A Coruña en Igualdade

Accións educativas

También te puede interesar

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión