Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Brazolinda: Obradoiro de xogos de mesa en galego para rapazas e rapaces de 8 a 12 anos con pais e nais

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Familias

Cando:

21/11/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/11/2019 ata o 21/11/2019

Horario:

de 18.30 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

Continuamos na Biblioteca Os Rosales co ciclo de encontros para pais, nais, fillas e fillos. Tentamos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a Biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.

Brazolinda é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego. Están deseñados para o xogo conxunto de grandes e pequenos e axudan a desenvolver a capacidade de observación, comunicación, razoamento... a través das adiviñas, as matemáticas ou xogos de agudeza visual, entre outros.

Irimia Fernández mostraranos xogos de mesa en galego que ela mesma deseña e fabrica. No obradoiro falaramos da importancia do xogo e xogarmos en familia, aínda que sexa uns minutos ao día.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e nenas necesitan inscrición. Imprescindible asistencia mínimo cun adulto.

¡Esperámosvos!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión