Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Merendas con contos

Tipo de actividade:

Contacontos

A quen vai dirixido?:

Infantil. 3 a 7 anos / familias

Require inscrición

De outubro a maio. Quincenal

En que consisten Merendas con contos?

Nestas sesións, dirixidas a familias con nenos e nenas entre 3 e 7 anos, Fuco, un simpático rato, e outros ratos de Lonxedetodo convidan a todas aquelas persoas que queiran asistir a unha suculenta merenda. O menú, como non! contos... de aquí e de alá, de antes e de agora, que lles contaron ou que leron. Fuco e os outros ratos cantan, contan, dramatizan e orientan estes encontros á procura de estratexias que provoquen a lectura en familia.

Só os nenos e nenas necesitan inscribirse. Poderanse realizar un máximo de 3 inscricións por persoa.

Quero ver o calendario anual de sesións

Como participar

  • Para poder participar en Merendas con Contos requírese unha inscrición previa.
  • O prazo de inscrición ábrese 7 días antes da realización da actividade a partir das 10.00 horas.
  • As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición

Onde e cando

Día Lugar Hora Prazas Frecuencia
luns Biblioteca Ágora 18 h 40 Quincenal
martes Biblioteca Sagrada Familia 18 h 40 Quincenal
martes Biblioteca Fórum Metropolitano 18 h 40 Quincenal
mércores Biblioteca Monte Alto 18 h 50 Quincenal
xoves Biblioteca Castrillón 18 h 50 Quincenal
venres Biblioteca Os Rosales 18 h 40 Quincenal
sábado Biblioteca Infantil e Xuvenil 18 h 50 Quincenal
sábado Punto de servizo Mesoiro 12 h 30 Quincenal

Quero ver o calendario anual de sesións

Moi importante

Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo ou coa túa filla algúns libros para levar para a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.

Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis fácil seleccionar materiais axeitados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en lle pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.

Documentos:

Calendario de sesións de Merendas con contos (141 KB)

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?