Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Memoria da Coruña

Imaxe A Coruña

Vista da Coruña, 1891

Tes materiais que proporcionan información sobre A Coruña?

Non te desfagas de ningún documento que poida formar parte da nosa colección, nós recibirémolos, organizarémolos e difundirémolos e facilitarémosllelos a todas as persoas interesadas.

Ademais, e moi importante, conservarémolos indefinidamente para configurar a memoria da cidade. Axúdanos.

Que documentos buscamos?

Calquera documento, en calquera soporte ou formato relacionado con temática local, autoría local ou edición/impresión local. Poden ser:

  • Libros e folletos
  • Prensa e revistas
  • Material cartográfico: mapas, planos
  • Fotografías
  • Láminas, gravados
  • Postais, estampas
  • Programas de acontecementos: de festas, de espectáculos, de actividades de entidades, de acontecementos políticos...
  • Carteis: de eventos deportivos, culturais, exposicións, festas, obras de teatro
  • Publicidade: de establecementos, de actos, de espectáculos..
  • Audiovisuais (CDs de música, vídeos editados ou domésticos etc.).

Contacta coa Biblioteca de Estudos Locais

Se cres ter algún documento de interese para a colección local contacta coa biblioteca.

A biblioteca recoñecerá as túas doazóns mencionándote no rexistro bibliográfico correspondente a cada un dos documentos doados.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?