Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Preguntas frecuentes

Sabes que

Estas son as preguntas máis frecuentes. Ponte en contacto connosco se necesitas máis información sobre algo.

Necesito o carné para ir ás bibliotecas?

Non, só necesitas o carné para levar material en préstamo ou utilizar un ordenador de acceso público, unha videoconsola ou o visionado. O resto de servizos e actividades non o requiren.

Canto me custa facer o carné ou asistir a unha actividade?

O carné é completamente gratuíto, non necesitas nin fotografía.

Todas as actividades e programas das bibliotecas son completamente gratuítas. O único que debes facer é inscribirte (presencialmente, teléfono, web) cando así se requira.

Cal é a idade mínima para facerse carné?

Desde o primeiro minuto de vida podes facer socio a un bebé coa autorización paterna correspondente, dita autorización esíxese para todos os menores de 18 anos.

Cantas cousas podo levar en préstamo?

Podes levar un total de 10 materiais por carné durante 30 días.

Podo ter máis tempo as cousas que levei en préstamo?

Si, agás que outra persoa o reservara. Podes solicitar, de forma presencial, telefónica ou a través da web, a prórroga do material durante outros 10 días. As prórrogas non se aplicarán a CDs, aos materiais audiovisuais de ficción nin as revistas.

Quero ler un libro pero está prestado

Non hai problema, soamente lle tes que pedir ao teu bibliotecario que cho reserve e avisarémoste por sms ou telefonicamente cando estea dispoñible.

O material que me interesa non o ten a biblioteca

Entón deberías facer unha suxestión de compra para que a biblioteca a valore.

Interésame moito saber cousas da miña cidade

Tes á túa disposición a Biblioteca Municipal de Estudos Locais con fondos e programas especializados na Coruña.

Teño internet nas bibliotecas?

Por suposto, tes:

Podo estudar nas bibliotecas municipais?

Podes, pero non cho recomendamos; as bibliotecas municipais son centros vivos con multitude de eventos, programas e actividades que poden incomodar un ambiente de estudo.

O problema é que non teño nin idea de informática ou ordenadores

Pois permanece atento á programación de cursos de internet, ofimática ou web 2.0 que impartimos cada ano.

Podo levar o meu bebé á biblioteca?

Por suposto, as nosas bibliotecas contan con espazos, fondos e programas especialmente pensados para bebés.

Que debo saber sobre as inscricións?

Consulta toda a información relativa ás inscricións.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?